Sen pasar por casa e cun mini sandwich á unha da tarde.
Así me plantei na praia ás 3:50. Tiña unha sensación extraña. Por primeira vez que eu lembre ía rodar como se fose a traballar, como se estivese a cumprir unha obriga. Como tal, efrenteina con profesinalidade. Montaxe de buggy. Observación do vento. Selección de velas. Reconto dos de kite – co frío que vai neste pais-,..checklist completada.
Na análise posterior á rodada -o traxecto en coche da para pensar- saquei a realmente innovadora conclusión de que non se pode ir a facer deporte comendo pouco. Non é que me dese unha pájara que me deixase tirado, pero se disfruta moito menos da actividade.
…Ó que ía. Na bolsa Century 2,5 como primeira opción e Bora 3,8 e Vampir 1,8 por se acaso sube ou baixa. O inicio de sesión nesta praia, coa súa clásica empopada, deuseme bastante ben pola zona un pouco máis seca, chegando sen nengún problema cara a zona máis rodable. Nos primeiros longos conseguín unha velocidade xeitosa, xa por riba do “mínimo de rodada”. As ceñidas foron bastante complicadas polo racheado do vento, con tiróns e desprazamentos laterais que me fixeron agradecer, e moito, a estructura e peso do meu buggy gordo. Coa mesma vela e outro buggy tiña serio risco de acabar no chan cun bo leñazo.
Veume de perlas para non conxelarme a praia bastante seca. So un par de finas zonas polas que se podía pasar sen problemas. Bastante frio e velocidade variable ate que ós 40 minutos de comezar faise imprescindible cambiar de vela, inda que so sexa para achegarse máis ó punto de partida.
E así reiniciei con Bora 3.8. Excelente coma sempre, e na súa salsa cos cambios de intensidade de vento, permíteme afrontar os últimos largos con un pouco de marchilla. Definitivamente, vou moito máis cómodo sen guantes, que saquei na parada. A mellor zona da praia xa está en sombra. A máxima aumenta ate 58,6 km/h, velocidade moi respetable para min. A dose adicional de adrenalina fíxome tentar acadar os 60 os nos seguintes largos, había cometa, había ánimo e había vento, pero non había luz nen praia. Non o conseguín, a pesar de apurar ó maximo o espolon, dando a curva a dous metros do chapuzón e coa vela sobre a auga.
A escuridade comezaba a ser notoria, e máis coas imprescindibles gafas de sol, así que ceñida salvaxe, coa sensación de que avanzo a 35º do vento ate que xa non da mais de si o asunto. Un de kite que pasaba por alí bótame unhan para recoller a vela, e xa so toca arrastrar o cacharro á zona de recollida, desmontar e tirar para casa despois de unha hora de tempo en movemento e 28 km recorridos.