Resumo da xornada.
Unha boa rodada en compañía do señor Pistone. Con sorte haberá video da sesión. Nordés peleón, con moita compoñente E e a praia en excelentes condicións de tamaño. Valoramos dende o aparcamento sacar cooper 3.3 e bora 3,8, pero chegados á praia houbo que arrancar con Century 2.5.
Pouco despois da empopada que me levou ate a zona “interesante”, véxome obrigado a vaixar de talla para non matarme no primeiro través. Oscar retrásase, posiblemente foi ó coche para coller a Brooza 2. A virada no final do espolón ten un firme excelente e unha orientación do vento que permite collela derrapanto a bastante velocidade, metendo a cometa en tracción. So un risco, o rio vese moi mal e tanto Oscar como eu estivemos en varias ocasións a medio metro de caer nel ó longo da sesión.
Despois dun ratiño só, apareceu o meu compañeiro de rodadas, a darme o repaso tradicional. Polo menos esta vez teño escusa, os 2 decímetros en que a Brooza supera á Vampir. O vento decidiu igualar o noso material, e vaixou para que collésemos sendas Centurys. Go, Go, Go !!!… Recuperada a alegría do rodar dandolle un pouco de caña, voume animando e pasando polas zonas molladas para ter rumbos máis rápidos. Volve a subir o vento, pero aguantamos vela, estirando os últimos momentos da mañán con adrenalina, marcando posiblemente os máximos do día.
Números non brillantes, pero xeitosos e divertidos. 39 km y 54 km/h de máxima.
Edito: Videos por xentileza de pistone: