Breve resumo da xornada.
Ninguén puido achegarse a rodar, así que tiven que ir soiño.
54.5 km percorridos, 56,1 km/h de máxima, nunha hora e cincuenta e tres minutos. Comecei con Bora III 5.3 m pero ó pouco derivaba ó máis puro estilo Pistone. A praia tiña bastante tráfico entre kiters, paseantes e tomadores de sol, así que tocou baixar vela. Miradiña ó GPS: 58 de máxima, bastante para min nestas condicións.
O propio tería sido poñer liñas de 20 m, pero dábame pereza, así que bora 3.8 e a rodar sen problemas. Tentacións de tentar un contravento, reprimidas de novo. Busquei máximos de velocidade apurando o espazo ate o río. Un dos intentos rematou cunha roda traseira na auga 😈
En fin, unha boa rodada 😀
Paulo,
cal foi a praia?
Pedro