Rede para unha casa unifamiliar.

Obxectivo:

O obxectivo deste artigo é realizar unha aproximación ás necesidades de redes TIC dunha casa unifamiliar en construcción, que nos permita definir os requerimentos a plantexarlle á empresa instaladora.

Bases

Hai criterios, que dependen de cuestións educativas e ideoloxicas discutibles, e outros que proceden da experiencia persoal -discutibles tamén polo tanto- .

O primeiro é que as necesidades das persoas evolucionan co tempo e as casas -Dios mediante- duran moito. Por exemplo: Os nenos non deben ter acceso libre a internet nin ter televisión na súa habitación, senón que deben utilizar os dous medios en compañía de adultos. Cando os nenos/adolescentes deixan de selo, este criterio cambia, e se precisa ter os medios que permitan a conexión dende as habitacións.

O segundo criterio é que prefiro as redes cableadas ás inalambricas, sempre que sexa posible. Sempre serán máis rápidas e fiables. Esto non quere dicir que renuncie a unha wifi, moi cómoda para teléfonos moviles ou tabletas.

Sobre esto, hai que ter en conta que non sempre é necesario cablear, que o importante é ter a canalización feita e ben tapadiña na parede. Xa se pasará o cable cando faga falla. Así evitamos cablear para usar 15 anos máis tarde, cando ó mellor daquela cambiou a tecnoloxía de rede. É unha decisión que depende dos criterios persoais e do presuposto. Sobre esto hai que consultar á empresa instaladora cal é a capacidade das canalizacións.

Penso que a telefonía fixa ten futuro a pesares dos móviles. As tarifas planas de telefonía fixa son moito máis baratas que as de movil, e a calidade de son normalmente é mellor.

O terceiro criterio é similar: por moi útiles que sexan os portátiles, trabállase mellor nun sobremesa cun monitor de 24 pulgadas o con un super-mega-cool IMac 27 (quero un !!! 🙂 )

Cuarta consideración é que o número de cacharros que se van conectar á rede vai ir en aumento, e que sempre é preferible ter un cable ate o equipo de conmutación central que facer apaños mediante equipos de conmutación nas habitacións.

Entorno.

A casa unifamiliar ten dúas plantas, cos seguintes espazos (exclúense os baños)

Planta baixa: Garaxe, hall, 1 habitación, 1 salón-comedor, 1 cociña

Primeira planta: 1 Estudio, 3 habitacións.

Incluirase: rede local (que da acceso a internet é ós recursos compartidos da rede), telefonía e televisión. A pesares de que nun futuro cercano, posiblemente, a televisión se vexa por sistema a través da rede local e internet, creo que a TDT inda ten moitos anos de vida que aproveitar.

Necesidades:

Habitacións: 1 toma de teléfono, 2 tomas de rede local, unha toma de antena. Débese ter en conta que unha habitación pode estar ocupada por máis dunha persoa, e o primeiro criterio que espuxen (os nenos ó principio non o usarán, cando deixen de ser nenos, si) e por outra banda, si se pon televisión nas habitacións, presumiblemente terá que conectarse á rede local.

É dicir, estamos a falar de 1 pc 1 televisión e un teléfono por habitación.

Estudio: O estudio merece unha consideración especial. É a “oficina” da casa. Entendese que no estudio, polo menos durante varios anos, vai traballar toda a familia, posiblemente en 3 ou máis Pcs,En función das necesidades de impresión, pode compensar instalar unha impresora laser monocromo “departamental” en rede. A maiores, podería instalarse tamén un televisor => toma de televisión e toma de rede local.

Inda que a tendencia de algúns portátiles “cool” é a non incorporar porto de rede cableada, moitos seguen a incluíla, e sempre ven ben poder enchufalos para unha transferencia de ficheiros gorda.

É posible que o estudio sexa un bo lugar para colocar un punto de acceso wifi, que dea servicio a toda a planta superior=> outro punto de conexión á rede local.

3 Pcs+ 2 portátiles + 1 televisión + 1 impresora en rede + 1 punto de acceso inalambrico = 8 puntos de rede.

No caso do estudio, atopámonos cun compromiso entre a cuarta consideración que fixen (canto menos cacharros mellor) e o aforro de cable. É posible que sexa razoable habilitar un lugar no estudio para un equipo de conmutación e deste xeito evitar tirar 8 cables ate o conmutador central. Aquí intervén tamén po presuposto e o número de cables que poden ir por unha canalización.

O estudio debe ter tamén unha ou dúas tomas de telefonía.

Cociña: Ten que ter unha toma de telefonía. O resto, a gusto do consumidor: si queremos tele, unha toma de televisión e una de rede local. Se queremos conectar a neveira a internet 😉 outra mais.

Salón-comedor: Ten que ter unha toma de telefonía. E unha de televisión => rede local. É posible que non sobrase poñer dous conxuntos TV+RedeLocal + telefonía, por se acaso queremos cambiar a televisión ou o teléfono de sitio.

Garaxe: No garaxe ubicarase o armario de comunicacións e servidores. Todos os cables de rede local e telefonía (habería que consultar á empresa instaladora si tamén os de televisión,) deberían chegar a este armario.

A el tamén chegarán as acometidas de telefonía, internet e redes de televisión por cable, para distribuirse ó resto da casa.

Entendese que a empresa instaladora realizará unha instalación acorde ás normativas, conectando os cables dende os puntos de rede a un “patch panel” dende o que se conectarán ó equipo de conmuntación.

O router de acceso a internet ubicarase tamén neste armario.

Interesa que o armario teña espacio para un “disco duro en rede” que permitirá compartir almacenamento para toda a rede local. Tamén podería pensarse nun servidor caseiro, por exemplo para descargas. Neste caso, podería prescindirse do disco duro en rede e usar o servidor para esta función. Hai que ter en conta que os dous equipos están destinados a estar permanentemente encendidos, polo que o consumo electrico pode ser importante á hora de decidirse por un ou por outro. Tamén hai que pensar que ter dous dispositivos permitiría configurar de xeito sinxelo unha política de copias de seguridade automatizada.

No caso de que o armario escollido sexa pequeño, pode interesar deixar aberta a posibilidade de ampliación poñendo outro similar ou igual ó lado, enriva ou abaixo.

Reconto e conclusións.

Os totais para toda a casa son: de 19 puntos de rede, 9 de telefonía e 8 de televisión. Con respecto á rede local, esto levanos á necesidade de escoller un switch de 24 portos, ou un de 16 se poñemos un switch no estudio.

A tecnoloxía a empregar para a rede local é gigabit ehternet, polo que o cableado deberá soportala. Debería ser polo menos de categoría 6

Hai que ter en conta que se está describindo un proxecto de máximos, que pode adaptarse fácilmente quitando o que sobra. Non se debe esquecer tampouco a posibilidade de facer canalizacións inda que non se poñan os cables.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.