Reparacion de táboa

Seguindo como puiden as indicacións de Neira de http://www.totalwind.net , tentei reparar a táboa que me desgraciaron no transporte 

Sanear o golpe, retirando os cachos exteriores de plastico.

Encher con Epoxy en xeringa. En canto o botei comezou a botar burbullas, ate que se tranquilizou, quedando desta guisa:

E así quedou. Non ten mala pinta, pero estou preocupado porque o parche segue pegañento despois de 15 h. Teño a sospeita de que non mezclei ben as dúas partes do Epoxy.

Efectibamente, tiña mala pinta. Ás 36 horas o epoxy seguía gomoso. Optei por quitalo e usar outro:

Os resultados foron moito mellores. Ás 2 horas estaba duro e ó día seguinte puidose lixar sen problemas.

O aspecto recén aplicado.

Mellor que o da mala fotografía.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.