Despois do período máis longo que lembro sen rodar -a última rodada documentada é do 27/06/2011- onte puiden retomar, con bastante éxito XD.
A predición para o día era peculiar pero clara: sur e choiva ate medio día e a partires de ahí norte coa súa habitual ausencia de auga do ceo. Os parafusos que necesitaba para as rodas chegaran o venres, e o sábado a media tarde cumprira os meus obxectivos de estudio. Visto o visto, decidín aproveitar as horiñas sen responsabilidades familiares do domigo para montar o buggy pola mañá e rodar pola tarde.
Por sorte, so quedaba por reensamblar a orquilla coa tija, a roda dianteira e as estribeiras. Estiveron bastante peleonas, pero finalmente avironse a razóns, e antes da tradicional comida familiar o coche estaba cargado para arrancar e listo.
No aparcamento xa está Oscar montando. Faime solemne entrega das camisetas “AEKB Tour” e trapicheamos con liñas e mandos que me fan falla. Despois dunha montaxe un pouco accidentada, e do clásico comentario sobre que velas escoller, tiramos cara a praia seguidos dun paseante interesado en saber para que valen “eses tolos cacharros”.
Sacamos cooper 3,3 e bora 3,8. Levanto a bora e decido que non é unha elección prudente dado o meu estado de forma. Oscar arranca mentres eu saco a Century 2.5. Ó lonxe vexo como Oscar baixa tamén de talla.
Desde logo é agradable rodar. Inda que hai un pouco de tráfico na area mollada -dous cabalos, 3 cans, 8 paseantes- deslizo con tranquilidade cara a zona máis xenerosa en vento da praia….
Claro que despois de un par de longos… ¡ quero un pouco de marchilla !!. O vento caera lixeiramente, o suficiente para ter que deixar as Century na zona técnica e retomar a elección inicial.
Coa bora no seu rango, voltan as sensacións case esquecidas. A tracción lateral que obriga a tensar todo o corpo para manter a postura, as deribas que hai que reconducir facendo “contravolante”, a adrenalina que sube ó pasar dos 50 km/h… Todo sen esquecer a miña primordial labor de “sparring” do valor máis solido do kitebuggy galego. Repaso en ceñida (con 4 decímetros cadrados menos), repaso en empopada, repaso en viradas… resumindo: malleira total. Só unha efémera igualdade en través, sempre con esa sospeita de que me deixa gañar de vez en cando para terme contento.
Cando levabamos unha hora e pouco de sesión, a borregada da ría foi pastar a outros lugares. Oscar aproveitou a coiuntura para suxerir unha clase de contraventos. Despois de velo un rato, conseguiu picarme e decidín que era un bo momento para tentalo. Escollo unha virada a esquerdas, coa pendente da praia a favor. O intento, subo a cometa pero vou demasiado a modo, a pesares deso, acado unha boa orientación, a costa abaixo dáme un puntiño e…. Eureka !! . Consigo completalo coa aprobación do maestro.
Os números da sesión son razoables, 30 km recorridos en hora e vinte en movemento, máxima de 58,1 km/h, un xiro a contravento. Cinguimos o posible -que é pouco- cara o aparcamento, e nos recollemos xa case de noite.
Pues desde Marzo de 2012, estamos a mediados de Noviembre y no tienes ninguna entrada mas … vas camino de olvidarte como se hacen esos giros a contraviento 🙁
Yo hice mi primer giro a contraviento el mes pasado 😉