A illa 4 de Setembro de 2012.
Alí chegamos meu fillo mais eu, coa praia só ocupada con bañistas tomando o sol. Menos vento do esperado. Despois do debate pai-fillo habitual, decidimos montar 5,8 para ver se move os seus cincuenta e poucos kilos. Non é quen de arrancar da praia, non acaba de afacerse á botavara, así que para e montamos a que usa habitualmente. Un par de minutos máis tarde está navegando. Non da mostra de ir pasado, así que opto por 7,5 para min.
Neste tempo foron chegando á praia cometeiros e Ces172 do foro totalwind exerceu de anfitrión, avalando a decisión de vela. El saíu con 7,8 m.
Cando saín o vento estaba a aumentar un pouco, pero o mar seguía bastante plano.
Primeira alegría do día : beachstar case sen problemas. Quedo un tanto aproado, pero como o vento non é moito podo corrixir a posición e navegar sen drizar de saída.
Segunda alegría do día: os cavos de arnes mais longos facilítanme moitísimo engancharme, podo facer os bordos moito máis descansado.
Terceira alegría do día: ¡¡¡ o meu primeiro planeo !!!!. Despois de reglar os cavos de arnés e poñelos máis atras na botabara, vou enganchado un pouco en ceñida, póñome ó largo e acelero. Voto os pes un pouco cara atrás e acelero outra vez, vendo que media táboa ou máis está no aire. Paréceme ir ó doble ou o triple da velocidade que conseguira ate agora. A sensación de ir “por riva da auga” é sensacional, non floto, vou voando !!. Estou en condicións de meter os pes nas cinchas, pero a pesar de telo leído en libros e en foros, no momento asáltame a dúbida de que pe teño que meter antes. Decido deixalo para outra ocasión e sigo uns segundos ate que teño que soltarme e virar por mor das lanchas fondeadas na praia.
Nestas detecto que a botavara está un pouco floxa, e teño que voltar a tensar. Entra á auga un compañeiro con 6,5 , que ten tempo para rirse un pouco da miña cara de “flipado que acaba de planear por primeira vez” XD, XD. e comentarme que o pe que se mete primeiro na cincha é o de diante.
Xa co material ben axustado volvo á auga, pero a forza que nos move xa estaba máis perezosa. Inda así, deu tempo a uns cuantos bordos, e a asentar o beach start gracias ás indicacións dun compañeiro que -se observei corretamente- estaba a facer freestyle. A quinta táboa da tarde, coa única rapaza do lugar navegando, incorporouse nese momento.
Aproveitando a baixada do vento, o meu querido caradura de 53 kilos fixo o de sempre: axenciarse a mina táboa e vela. No seu descargo hai que dicir que xa recollera o seu material. Con 144 litros e 7,5 planeaba sen problemas. Ese si que aprende rápido, e non eu.
En fin, un día precioso, moitísimo menos cansancio que en sesións anteriores e máis ganas de navegar que nunca.
Enhorabuena por la primera planeada!!
Yo nunca olvidaré la mía, ja jaaa