O 28 de Xaneiro había unha señora predicción, e decidimos desafiar ó frio e a pouca luz e achegarnos á Illa de Arousa.
Chegamos a iso das 16:15 e montamos o máis pequeno que tiñamos: 5m para 54 kg e 6,5 para 84 kg
Petrus tentou saír coa táboa de 92 litros, pero estaba demasiado forte para os 5m. Cando ía tentalo eu con 111 e 5m baixou un pouco e decidiu roubarme o material. Con esta combinación puido saír e darse uns bos bordos.
Xa que logo, tocoume ir a auga con 144 litros + 38 de aleta e 6,5 metros de Severne Gator. Menos mal que Eolo estaba algo máis perezoso… Puinden ir e vir unhas cuantas veces, inda que se me fixo duro tanta insistencia da táboa en despegar. Eso si, saía ó planeo no primeiro segundo que o tentaba.
Ás 18:10 estabamos xa soiños na auga, así que fun a por Petrus e nos recollimos antes de quedar sen luz.
¡ Un bo día !!