O 06/03/2013 achegueime a navegar a Barraña para aproveitar o surcillo que ía soplar sen prexuízos. A sesión foi moi bronca, non me adaptei ben as ondiñas caín moitas veces inda que conseguin sacar uns cantos bordos xeitosos.
O mais peculiar da xornada foron os resultados do GPS:
Como evidentemente non superei nun 50 % o record do mundo de velocidade XD, XD, houbo que abrir unha investigación. O primeiro e chantar o ficheiriño de track no google Earht:
No debuxo vese claramente onde está o problema, unha ida e volta como un raio, saltando por riva da carretera…
Como non quería perder o rexistro, púxenme a investigar no log. Os rexistros do track teñen un formato bastante lexible
<trkpt lat=”42.639079140″ lon=”-8.885932742″>
<ele>10.711792</ele>
<time>2013-03-06T16:21:42Z</time>
</trkpt>
Latitude, lonxitude, elevación e tempoUTC.
Dado que o “salto” supuxo unha modificación anómala da lonxitude, busquei os puntos cun cambio “grande”, situados ó leste da zona de navegación. Tiñan que ser máis pequenos, Buscar -8.87 funcionou e apareceron os dous puntos anómalos que me facían voar:
Tamén aparecen algo que parece unha “sección de track” pero non sei interpretalo nen tiña gañas de buscar. No sei se terá que ver. En todo caso, elimino os puntos, a sección tamén a quito para asegurar que o XML está ben formado, e o volvo a meter no google earth
Xa comeza a ter un aspecto mais normalizado.
Todo contento, meto o track en http://utrack.crempa.net para ver a velocidade máxima.
O meu gozo nun pozo ;-( É completamente imposible que coa miña tecnica e preparación poida achegarme a un rexistro de 35 nudos. De feito creo que sería unha marca desexada polos mellores da ría. Dado que nesta ocasión o punto anómalo está entremezclado cos outros, non teño criterio para borralo.
Finalmente creo que vou dar por bos os 16 nudos que marca noutra parte do informe, por aquelo de ter algo 😉 estes si que coinciden coas miñas sensacións. Bueno, creo que se fosen 20 ou 22 tamén o vería plausible.
O informe, por se alguén quere velo: