Neve, windsurf e fumata branca.

Mercores 13 de Marzo de 2013.  13 03 2013

Dende logo, un día cheo de acontecementos e acontecementiños. Domesticos, deportivos, locais, meteorolóxicos, mundiais, de igrexa e fe.

Comezou cunha mini nevada de mañán, que deixóu os campos branquiños e non chegou a cuallar nas rúas. Por sorte tiña o coche co parabrisas resgardado, e non tocou rascar o xeo. De camiño ó traballo caeu máis neve. Sempre me sorprende ver nevar, a suabidade das folerpas e a intensidade do frío.

A pesares das precipitacións de mañanciña, a predicción de MeteoGalicia e Windfinder coincidían e eran claras. Pola tarde tocaba norte na Illa de Arousa, sen choiva nen neve ;-), non moito, pero si suficiente para tentar progresar e coa auga a 13 graos… Así que despois do curro como a toda prisa e arranco co meu remolque -que porco está por certo, a ver se o limpo algo-.

Ó atravesar a ponte o día está absolutamente espectacular. O solcillo das cinco da tarde reflictese nas ondiñas, enchendo de luz a paisaxe. Busco velas e cometas na auga, seguro de que alguén se vería tentado pola predicción. Ninguén. A verdade é que non comentei no foro o de sair, convencido de que o ventiño sería suficiente para garantir compaña. Lembro que teño a miña carteiriña de seguridade, co seu GPS e o teléfono, as condicións son boas… toca navegar só. O vento parece moi axeitado, cuns borregillos prometedores que non se aprecian na foto.

image

Forzosamente teño que coller 111 litros. É a primeira vez que a vou usar, e non teño nen idea de como responderei. Si sei seguro que Petrus a ten manexado con 7,5 metros de vela sen problemas. Pero a diferencia de peso é considerable. Móntolle a aleta de 38 de slalom, e despois de preparar todo o equipo, resgardome detrás do coche a poñer o neopreno. Cando quito a camisa… ¡ O sol quence !!. ¡ Pero si pola mañán nevaba 🙂 !!!.

Por suposto, cando chego a auga xa baixara a intensidade. En fin… toca flotar con 111 litros. Grazas ó plano que está o mar, desenvolvome bastante ben 🙂 inda que “faltame sitio para os pes”, choco coas cinchas. Por elemental prudencia, fago bordos cortiños, non vaia ser o demo. Comprobo que podo drizar sen problemas. Pero os cabos de arnés son demasiado cortos para o pouco vento que hai. O máis rápido e cambiar a botavara, e así o fago, dispoñendo nesta de cavos regulables. Xa podo engancharme e flotar con dignidade, inda que houbo que descansar un ratiño na praia. Como recompensa polos esforzos, Eolo regálame dous ou tres nudos extra. Non lle vou facer un feo, así que planeo cara o centro da ría dúas veces. A primeira cortandome un pouco e a segunda sen complexo nengún e disfrutando do control que da poñer os footstraps e corrixindo un derrape sen caerme. Por suposto caio na virada. Drizo rápido e regreso planeando ate que afloxa un pouquiño e caio de cu. Caer e levantarse, como a vida mesma. Engancho o último bordo e para casa, dando por rematado o día.

Pero o día non rematou. Unha vez avisado na casa que estou en terra, arranco para casa coa radio posta.

Fumata Branca.

Retransmitida en directo coa paixón dun partido de futbol, tívome pendente todo o camiño de volta, ate puxen a todo volume para poder escoitar mentres desenganchaba o remolque e recollía o material. A presentación, as aportacións dos presentadores e a xente, o papa dicindo que o foran buscar ó cu do mundo ;-).

O máis emotivo da tarde noite: a opinión dunha periodista arxentina, torpemente interrumpida polo sacerdote que participaba no programa. Expresando a súa alegría, comunicando o carisma do novo papa e a esperanza dunha mellora nesta Igrexa nosa, que ven de Deus, pero sofre os defectos dos homes.

Un día para lembrar e compartir.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.