Escribo esta entrada mentres a ría ferve de actividade nas praias que miran a norte. Seguro que hai mínimo cinco velas por lugar ;-).
Pero a min tocoume de mañán, soiño :,-( .
Comecei a mañán cunha inspección do remolque por parte da guardia civil. Comprobaron que estaba ben enganchado, que a matrícula coincidia e me desexaron sorte coa navegada.
As 10:30 soplaba pouquiño, polo que decidín voltar ó meu tablón de 144 litros, que está en forma de novo grazas a Fran. Aletón de 48 cm e 7,5 metros de vela. Un mes e medio despois de pasarme forzosamente a 111 litros con razoable éxito, apetecíame voltar a sosterme enriva da táboa con soltura e planear facil facil.
E así foi. Entre o mar planiño e o portaavións, beach start con toda facilidade inda que o vento vai un pouco xusto. Paso entre o catamarán e o barco coa sensación de que vou nun barquiño pequeno, non nuha táboa grande. ¿Como me atoparía agora nun de iniciación de 200 litros?.
Xa fora da influencia do espigón hai un pouco de chopy, que se leva sen problemas. Non me atopo cómodo coa vela, así que volto á praia a meterlle un puntiño máis de alargador, apretar os footstraps que recoloquei hoxe, e de paso acender o GPS que levo enriva de adorno. Reglaxe axeitada. Vou, veño, planeo ate que Eolo mete tamén un puntiño máis. Do planeo cómodo paso á incomodidade e o descontrol, só me vai ben na zona protexida. Así que toca facer cambios. Posiblemente o razoable nese momento era coller 6,5 e 111 litros con 38 de aleta, pero se o facía xa non me daba tempo a navegar máis. Optei por cambiar o máis facil: a aleta.
Con 38 cm de aleta a cousa volve a estar razoable, inda que as rachas cada vez mais frecuentes fan que por momentos vaia moi pasado, con un bonito spin-out moi cerquiña das bateas. Seguramente a aleta axeitada sería de 42 ou 44. No último bordo cara o muelle vou indo regular ate a zona abrigada, onde conseguín unha postura correcta, convinada con auga planiña e o vento axeitado, cómodo, rápido. Menuda gozada !! . Lástima que xa había que parar.
Recollo, cargo e tiro para casa, dando un pequeno rodeo para investigar se hai un sitio onde poida aparcar o remolque máis cerca da area e tamén ter unha idea máis clara da intensidade do vento. Habelo haino, pero hai que montar na praia. Pódese pensar para máis adiante.
Un bo día 🙂