Por segundo xoves consecutivo repetin a xogada.
Prevision de caña ate eso das 18 na Illa, apuro todo o posible, e ás 17 estou listo para montar 5.7 e estrear a gusto a taboa de 105.
Pero os do primeiro turno xa paparon todo o vento e so nos quedan as sobras.
Tex leva unha vela que parece de 8 +-, asi que eu poñome en modo machote e monto 7.5.
Acertei de pleno. Con 40 de aleta e 111 de taboa planeo sen problemas… tres bordos. En fin, menos da unha pedra. Despois quedou incordioso, xusto no limite. Posiblemente con mais vela ou mais tavoa teri planeado moito mais tempo, pero fixose tarde para poñerse a elo.