Sesión bronca, con rotura de vela :,-(.
Petrus decidiu saír con 6,5, a vela que pensaba usar eu. Por non pelear co adolescente, alá foi.
A primeira na frente. Nada mais saír, atópase nun compromiso entre as rochas da marxe esquerda da praia e un letreiro que avisa das correntes da zona. Caelle a vela no letreiro e zaca ! un sete de proporcións considerabeis, que afecta ó paño central.
Disgusto, bronca, e toca sair con 7,5 e 5,7, sabendo que vou ir pasado como un burro. E así é. Non me quedan máis cáscaras que cinguir e cinguir. Vou con traballo ate tanxil buscando condicións mais apropiadas para a 111 + 38 de aleta, pero nada. So consigo un pouco de envexa dun veleiro escorado como se lle fose a vida no tema: eles poden meter un rizo e reducir a superficie vélica na auga, eu non. Moitas caidas, algún spinout por paos,…
Despois de moito pelexar, teño que voltar sin arnés, xa que case non aguanto cinguindo, moito menos ó largo. Teño o fillo tirado na praia, canso e enfadado coa 5,7.
Cólloa e vexo porqué. Mal posta a botavara, non era capaz de sacala da auga. A recoloco e probo un bo rato coa táboa de 92. Ben cando o vento sube. Inda que os 23,5 de aleta son demasiado pouco. Decido coller a 105 a ver se salvo a sesión.
Algo salvouse, inda que non moito. O bordo de ida a Cortegada foi aceptable, inda que notaba un pouco lenta a táboa, non sei se terá que ver con que a aleta non encaixa completamente e o talón queda un pouco fora. Ou sinxelamente é unha táboa mais lenta que a futura, ou estou habituado a levar aleta de mais. No bordo de volta non conseguín asentar a postura ó planeo. Cansancio, falta de adaptación á táboa,… En fin, algo é algo.