Freeride !!!

O nordes ía darnos unha boa sesión en calquera punto da Ria de Arousa esta tarde. Era o día de aproveitar a flexibilidade horaria e a media hora que levaba atesourando nos primeiros días do mes. Só faltaba decidir a onde. Hoxe había un criterio a maiores a ter en conta.

Na última navegación tiven a sensación de que con vela de 6.5 podía ter dúas opcións de táboa, a futura 111 (Freerace) e a lorch glider 105 (freemove). As dúas son freeride, pero una é moito mais cercana ó slalom sobre todo coa aleta que lle poño , e outra cercana ás ondas.  As probas da futura con aleta de 38 freeride pura non me convenceran moito. Con 34 e 5,8 resultara razoablemente ben, pero non me desenvolvía con soltura polo chopy/ondiñas. Demostrouse moita mellor opción a 105 con aleta de 28 para dita vela. Con todo isto, Decidín comprar unha aleta powerbox de 32 para probar 6.5 105 32. Parecía umha boa opción, atopeina relativamente pronto e  estaba esperandome na oficina de correos. Vencín a pereza de achegarme a buscala, e tirei para a Illa por dous motivos: facil aparcamento e fácil cambio de material.

Acertei de pleno. Nos primeiros momentos con 6.5 111 38 ía ben. Ó subir un pouco máis pasei a ir incómodo e pasado, co que a opción de probar a táboa coa aleta nova parecía o mais axeitado. Deixando a 111 montada por se acaso, montei a 105 e foi un éxito completo. Planeo facil e cómodo, control, manexo con soltura das ondas, e varios intentos de trasluchada que acabaron na auga, pero con boa sensación, voume achegando. Aguantei a vela sen maior problema, inda que posiblemente os últimos 45 minutos podería ter ido con 5.8. Pero o obxectivo é navegar, non montar de desmontar material, así que creo que enfoquei ben a sesión.

Disfrutei moitísimo da sesión. Si que me sentín “free” navegando e pasando polo chopy sen acabar cos xeonllos feitos un cristo. Unha moi boa sesión. E como sempre, o conto vai a peor ¿Cando toca a seguinte?

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.