Primeira cita.

Tiven unhas vacacións un tanto accidentadas, tocoume ir a traballar no medio das mesmas. Como resultado quedaronme dous días soltos que puiden coller libres. Decidín tomar este luns de setembro como último día de vacacións e disfrutar tranquilamente do wind.

Claramente orientado ás rias baixas dende que comecei co windsurf, para se exacto so Arousa e Vigo, non me plantexara desprazarme a puntos “lonxanos e perigosos” das rias altas.

Unha mensaxe nun foro (Grazas Naish72 e Neira) sobre a praia dos Muíños e a cercana de Lago, na ría de Camariñas, fíxome revisar as miñas opcións habituais. A fin de contas, chegar a Corrubedo dende Santiago leva practicamente o mesmo que chegar a Lago, sobre todo co remolque que obriga a reducir a velocidade en autopista, pero non tanto en estrada convencional.

As condicións en Arousa  parecían inestabeis e con poco vento. A predicción de Meteogalicia reflectía claramente a condición de desventada con Nordés que ten a praia. Uns 6 nos de diferencia. 15 na praia e 21 no centro da Ría. Era unha promesa bastante máis sustanciosa que o que se vía para Rianxo, as Cunchas, Probra (inda que ó final navegaron ben)

Con todo este conxunto, arranquei cara a Muxía e cheguei á Praia de Lago. Coordenadas  43.105315, -9.164819

https://maps.google.es/maps?daddr=43.105315,-9.164819&hl=es&sll=43.10479,-9.163917&sspn=0.005233,0.010246&t=h&mra=mift&mrsp=1&sz=17&z=17

Os aparcamentos na estrada son bastante xeitosos, pero pertencen os bares e o camping, e engaden mais traxecto cargando co material. A entrada ate pe de praia está entre os dous bares con un prohibido o paso que quixen entender que afecta á pista da esquerda. A pista parece dificil de transitar cando haxa auga, pero hoxe o meu mini bus puido con ela. Compre dicir que antes de meterme fixen un recoñecemento a pe para asegurarme de que non ia quedar atrancado.;-)

EntradaLagoMuxia

 

A praia ten voas vistas, e un luns de setembro pola mañán estaba de todo menos concurrida.

 

wpid-20140922_104853.jpg

wpid-20140922_104902.jpg

wpid-20140922_104907.jpg

wpid-20140922_110016r.jpg

Xa viñan sendo as 11:00 así que un café e un acuarius na terraza antes de poñerse a elo.

O paseo pola praia non foi moi revelador que se diga. Estaba claro que había bastante máis vento no medio da ría que no punto de partida, así que decidín tomar como base o vendo da praia e montar Starboard Futura 111, Severne Gator 7,5, MFC SL 38. Planeo rápido e nun plis estou con demasiado chopy e vela bordo de ida e de volta. Penso un pouco na praia, saio outra vez e a “medio camiño” xa vexo claro que hai que vaixar.

Saio de novo con Lorch glider 105, jp 32 e Severne Gator 6,5. Moi ben. Sobre todo ó principio, despois seguiu subindo e xa se puxo un tanto salvaxe, moi moi racheado. Unha boa malleira. O único intento de trasluchar foi de coña. Cumprido o meu tempo, tirei para casiña con calma.

O Lugar é bo para facer wind. Cero pedras, Cero algas, Vento posiblemente en días en que o nordés non chega a Arousa… como contras, está máis lonxe da auga que outros, como haxa alguén na praia vas de craneo para entrar, e a saída está moi desventada, co que voltar a cambiar o material é moi lento e pesado. A distancia a Santiago é similar a outras, pero é un traxecto máis barato pola velocidade cercana a 90 e por non ter autopista que pagar.

Seguro que volto 😉

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.