Reenganche

Despois de moitos meses sen navegar, por fin conseguín que todo se conxuntase. Planteime no Esteiro, mirando a Barraña, para aproveitar un norte que soplaba máis do que parecía, aparte de ser moi racheado.

7,5 metros de vela, por se acaso. A táboa correspondente :111 e a aleta habitual: 38. Métome na auga dubidando se todabía sei planear. O ir pasado ten certas vantaxes. Levanto vela e… hop, beach start sen problemas, dous segundos e me engancho 3 segundos mais e pes nos straps. COMO ME GUSTA PLANEAR. Perdón.

Pois iso. Planeando sen problemas e con moita variabilidade do vento. Tirándome ó largo para aguantar o planeo, uns segundos despois cinguindo a saco para non esnafrarme, suma e segue ate escarabote. Xa esgotado, descanso un pouco e poño a botavara no ollao de abaixo, con idea de que non me de tanta caña.

Intento fallido.

Fago un par de bordos moi moi pasado e despois volto á praia. A volta tivo o seu aquel. Como non me atrevía a poñerme ó largo enganchado, alá me tirei sen arnes nen cinchas. Sorprendentemente, recorrín como 200 metros sen caer, medio sufeando as ondas. Ó ir a favor do vento, aguantar a vela non supoñía un esforzo tan grande e a sensación foi moi boa.

Chegado á praia, dubido un rato se baixar metros ou marchar para non comprometer o axustado horario da tarde. Como solución de compromiso, volto a saír co mesmo material. Outro par de bordos cinguindo a saco e volto á praia coa mesma estratexia. Sae case igual de ben, inda que esta vez caio contra o final. Pouca cousa.

Agora si. Recollo e a casiña que todavía hai moito que facer pola tarde 😉

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.