Onte sábado saímos de paseo improvisado e apareceu un precioso tramo en terra de montes. Unha presa, paisaxe interior con moita vexetación, parada onde se celebra a romería dos Milagres de Amil, e por suposto, unhas boas curvas que se fixeron con toda tranquilidade, dada a ausencia de biodramina 😉
Posteriormente informaronnos da boa prensa dun restaurante ubicado xusto enfrente da escalinata pola que se sube á igrexa.
Un tramo a lembrar e recorrer en grupo.