En inghlés, que farda mais !!
Como esta fotiño tivo os seus 10 segundos de gloria nunha rede social que non quero nomear, vou contar un pouco a súa historia.
Comeza alá por 2013, ou 12, ou 14 ! A verdade é que non lembro con exactitude. Por temas de traballo cheguei a eso das 10:30 con María e alguén máis -Isabel ou Xavier-, para unha reunión no hospital de Coruña.
Dende o aparcamento do hospital vese a Ria da Coruña, e nunca, nunca, nunca debe desaproveitarse unha oportunidade de mirar ó mar.
Sen frío, sen calor, con sol, paramos dous segundos, a tomar unha bocanada de salitre a distancia. A paixaxe, familiar dende hai moito, ten una sorprendente anomalía. ¿Que é iso verde ó final do dique de abrigo? Acompañado de enxeñeiros con talento, espero resposta inmediata á pregunta. Pero non. A súa enxeñería vai de ondas electromagnéticas, non de ondas de surfeiros, así que adormezo a dúbida mentres enfocamos o traballo que temos por díante.
Non era razoable deixar así o conto. Hai que recoñecer que inda levou un ratiño, pero ó finál aflorou do pozo de interné: Arch Beacon, arcobaliza, baliza-arco, o que ven sendo unha baliza con forma de arco de medio punto.
Verde: baliza de estribor en entrada a porto, como todas as balizas nesta zona do mundo (Está o mundo separado en dúas zonas para este tema, busca por ahí se non me cres XD, XD )
Así que si, o chisme, aparte da elegante presenza no medio da ría, ten unha funcionalidade: axudar nas maniobras de aproximación a porto. Parece ser que a forma en semicircunferencia axuda a estimar as distancias, que o chisme é tecnoloxía española e que fora probado con éxito en mais dun porto. E por suposto, pola noite ten luz !!!
Moitas veces tentei velo de noite, pero tampouco ía tanto por Coruña a esas horas, non me lembraba, ou sinxelamente, non cadrou. Seis anos !!! A verdade é que si que tardei.
Este agosto de 2019 aliñaronse os astros finalmente, e resulta que durmimos moi cerca do díque. Non podía por menos que achegarme a sacarlle unhas fotiños.
A primeira
A segunda
E a terceira, que ven sendo a primeira cun encadre e tamaño axeitado para a rede social de marras.
… e o epílogo do conto.
Ese dia non cheguei a ver as luces !!! XD, XD.
Como podedes observar na foto, non hai luces que apunten cara o porto. Loxicamente apuntan ó mar, e non se pode acceder a un punto de vista axeitado dendo dique.
Por sorte, as vacacionciñas eran de mais de un día, así que á noite seguinte puiden por fin ver o efecto da baliza iluminada. E agora que caio, non fixen foto XD, XD, XD.