A Ascensión (I)

O primeiro día da “ponte” da ascensión, mercores 13 de maio, estaba entre ir a Cesantes e achegarme a Barraña. Por temas loxísticos era mellor Barraña, e como tiven chivatazo de termico alá me fun.

Material grande. 8,5 de vela, 144 l de táboa e aletón de 48.

Perfecto !! planeo moi cómodo e velocidade máis que suficiente. Todo xenial ate que cando ya ía enfilando para casa o tornillo que suxeita o tendón á base decidiu romper. E unha sensación que -como todo saiu ben- me fai bastante graza cando a lembro. De repente veco como a táboa vai de paseo cara un lado e nos imos cara outro. Penso con incredulidade “Diverxe !!” medio segundo antes do golpe. O impacto foi leve pero houbo que ir buscar a táboa e voltar nadando puff !!!

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.