A Illa. Fresquiña o 27 de Abril

Sabado na Illa. A primeira hora da tarde (15:45) nada de nada, miramos ó mar, pensamos en voltar a casa,… e decido montar 7,5 para que polo menos Petrus faga algo. Cando acabo empezamos a montar 6,5 para el, porque xa entrara con un pouco de xeito. Saímos cos clásicos 92, 23 de aleta e 111 38, .. co fillo que xa case non se vía puiden planear un par de veces ate que subiu moitisimo e acabei na praia, remontando andando. Facía tempo que non me pasaba. A Petrus costoulle un mundo levantar a vela e arrancar, pero cando o conseguiu chegou á praia a velocidades “supersónicas” , con medo de meter a proa nuha onda e pegarse un señor castañazo.
Baixamos a 5 m e 6,5. Nese momento entrou un pouco de chubia, con vento que debía rondar os 30 nudos. Estaba un compañeiro medindo, pero se me pasou preguntarlle. Despois voltou a baixar e saímos de novo.
A Petrus xa lle collera o frío e o pouco deixouno. Eu con 6,5 ía pasado, pero puiden sacar unhas planeadas xeitosas e un waterstart.

Auga bastante fría, despois da última na Illa que estiveramos pensando en coller o traxe de verán.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.