En Bamio perdeume a cobiza de usar vela pequena.
Montei 5.7, con 111 litros e 34 de aleta. Por momentos, sobre todo ó principio ía ben, pero despois foron disminuindo as rachas nas que se planeaba. Incluso tiven un pouco de presión. A marea estaba baixando e derivaba moito, non me podía despistar si quería voltár á rampa. Ás 19:00 montei 6.5 e puiden pillar alguna outra planeada, pero como non cambiara a aleta pola habitual 38, seguía costando saír. Media horiña mais e o fun deixando.
Como conclusión, hai que estar moi seguro das condicións e o sitio antes de optar por un material que che vaia a esixir. Se a marea estivese subindo, a elección tería sido apropiada para progresar técnicamente, como estaba baixando, foi unha pesadez
…Peeero, pola contra, tivemos ambientillo. Ás 17:05, como si quedaramos e fósemos bastante puntuais, estábamos tres persoas en disposición de montar. Mais tarde uniuse outro compañeiro de deporte. Deunos para unhas charlas, esbozar un proxecto de guardería en Cesantes [risas] e ver a posta de sol xusto antes de arrancar.