Preveíase na Catía un NO interesante, pero apareceu o NE e montouse un día incordioso de todo. Con 6,5 (a 7,5 estaba rota) 111 e 38 saín pero din a volta vendo que ía ter problemas serios para retornar. Montei 8,5 144 e 50, pero xa vaixara mais e seguía enrevesado así que pasei.
Arquivos do autor: Paulo
A Ascensión (II)
O día da ascensión tocou Corrubedo.
111, 38 e 7,5
Moi racheado e peleón, e para colmo eu non andaba fino. Ó sair entre as ondas rompín un sable puff!
A Ascensión (I)
O primeiro día da “ponte” da ascensión, mercores 13 de maio, estaba entre ir a Cesantes e achegarme a Barraña. Por temas loxísticos era mellor Barraña, e como tiven chivatazo de termico alá me fun.
Material grande. 8,5 de vela, 144 l de táboa e aletón de 48.
Perfecto !! planeo moi cómodo e velocidade máis que suficiente. Todo xenial ate que cando ya ía enfilando para casa o tornillo que suxeita o tendón á base decidiu romper. E unha sensación que -como todo saiu ben- me fai bastante graza cando a lembro. De repente veco como a táboa vai de paseo cara un lado e nos imos cara outro. Penso con incredulidade “Diverxe !!” medio segundo antes do golpe. O impacto foi leve pero houbo que ir buscar a táboa e voltar nadando puff !!!
Fotos conce
De Ourense ós Peares.
De ourense ós Peares pola marxe dereita do Miño.
Motivos tristes leváronme á aldea orixinaria do meu Pai. Como contrapartida, decidín darme unha alegría e dedicarme unha rutilla de exploración. Aas conclusións son claras: absolutamente recomendable. Carreteras reviradas con tramos de “solo segunda”, paixases impresionantes. Unha gozada.
https://goo.gl/maps/PLPGe
Melias. A casa da familia dos abós paternos.
La ruta