Inicio fresquiño de temporada (II)

No meu caso, esto é un arranque de temporada por todo o alto. Dúas sesións seguidas 🙂 :-).

Había algunhas dúbidas de se ir ó Esteiro (Boiro) ou á Pobra. As boias marcaban dirección do vento de 45º, nordeste estrito, polo que optei por Pobra. Hoxe cheguei o primeiro e tiven que decidir. Optei por repetir o equipo do día anterior -lorch 105, 32 e gator 6,5- inda que parecía que estaba un pouco mais lixeiro que onte.

Aproveitando a marea baixa, adentreime bastante e puiden coller un par de bos planeos. Despois foi baixando pouco a pouco e so ía nas rachas. Voltei ó punto de partida e montei a futura 111 con 38 de aleta. Que gozada. Moito máis planeo, mais facilidade para virar, incluso tentei trasluchar un par de veces. A auga estaba fría pero nada que ver co día anterior. Un día moito máis acolledor.

Todo ben ate que a cousa púxose un pouco bruta. Deume tempo a coller a lorch de novo e pegarme outras boas voltas. Con todo xa ía tocando marchar, así que comecei a desmontar mentres os meus compañeiros de navegada voltaban un tanto ó límite coas velas e táboas de slalom. Inda me deu tempo a ver unha táboa de ondas e unha vela 4.8 pola praia, xa coa area facendo dano na cara…