Como facían falla para o seguro, ei van unhas fotiños do merche antes de encerar
Arquivos do autor: Paulo
Cambio de imaxe
Despois de moitos anos (arrancou o blog no 2006 ) tocará un pouco de renovación.
Inda non sei o que vou poñer, pero aquí queda a vella imaxe, con Pedriño voando a PKD Buster 1.4 na campa do Monte do Gozo. Pedriño é adulto, a campa xa non se pode usar para estas cousas, e a cometa hai moito tempo que a regalei.
Editado. Listo !!!
Tema Twenty-Eleven de wordpres tuneado con unhas cantas fotos dos últimos 10 anos…
Arch Beacon
En inghlés, que farda mais !!
Como esta fotiño tivo os seus 10 segundos de gloria nunha rede social que non quero nomear, vou contar un pouco a súa historia.
Comeza alá por 2013, ou 12, ou 14 ! A verdade é que non lembro con exactitude. Por temas de traballo cheguei a eso das 10:30 con María e alguén máis -Isabel ou Xavier-, para unha reunión no hospital de Coruña.
Dende o aparcamento do hospital vese a Ria da Coruña, e nunca, nunca, nunca debe desaproveitarse unha oportunidade de mirar ó mar.
Sen frío, sen calor, con sol, paramos dous segundos, a tomar unha bocanada de salitre a distancia. A paixaxe, familiar dende hai moito, ten una sorprendente anomalía. ¿Que é iso verde ó final do dique de abrigo? Acompañado de enxeñeiros con talento, espero resposta inmediata á pregunta. Pero non. A súa enxeñería vai de ondas electromagnéticas, non de ondas de surfeiros, así que adormezo a dúbida mentres enfocamos o traballo que temos por díante.
Non era razoable deixar así o conto. Hai que recoñecer que inda levou un ratiño, pero ó finál aflorou do pozo de interné: Arch Beacon, arcobaliza, baliza-arco, o que ven sendo unha baliza con forma de arco de medio punto.
Verde: baliza de estribor en entrada a porto, como todas as balizas nesta zona do mundo (Está o mundo separado en dúas zonas para este tema, busca por ahí se non me cres XD, XD )
Así que si, o chisme, aparte da elegante presenza no medio da ría, ten unha funcionalidade: axudar nas maniobras de aproximación a porto. Parece ser que a forma en semicircunferencia axuda a estimar as distancias, que o chisme é tecnoloxía española e que fora probado con éxito en mais dun porto. E por suposto, pola noite ten luz !!!
Moitas veces tentei velo de noite, pero tampouco ía tanto por Coruña a esas horas, non me lembraba, ou sinxelamente, non cadrou. Seis anos !!! A verdade é que si que tardei.
Este agosto de 2019 aliñaronse os astros finalmente, e resulta que durmimos moi cerca do díque. Non podía por menos que achegarme a sacarlle unhas fotiños.
A primeira
A segunda
E a terceira, que ven sendo a primeira cun encadre e tamaño axeitado para a rede social de marras.
… e o epílogo do conto.
Ese dia non cheguei a ver as luces !!! XD, XD.
Como podedes observar na foto, non hai luces que apunten cara o porto. Loxicamente apuntan ó mar, e non se pode acceder a un punto de vista axeitado dendo dique.
Por sorte, as vacacionciñas eran de mais de un día, así que á noite seguinte puiden por fin ver o efecto da baliza iluminada. E agora que caio, non fixen foto XD, XD, XD.
Roadsteando por Ponteledesma, Touro e Arzua.
Un bonito paseo para un inesperado domingo casi veraniego a principios de outubro.
https://goo.gl/maps/LxcXNhXFekEtpgbEA
Conocido e divertido ata Ponteledesma, De ahí a Touro moi virado e con vexetación, abrindose as curbas no último tercio.
Volta a Santiago pola autoestrada.
Sol, 22 graos, V6 ronroneando ou ruxindo segun tercia, música ó chou de youtube. Ben, moi ben.
Ventas variadas
Vendo:
Botavara de carbono Tecnolimits 200-260 (100€ + envío).
Botavara aluminio Severne 180-230. Cavos incluídos. 60€ + envio
Baúl de techo Thule Ocean 200. 430 litros de carga, aprox, 175 centímetros de longitud. 190€ + envío.