En teoria tocaba diluvio universal ate as 18:00 e despouis 18 nos.
Ó ver a choiva o meu fillo rajouse. Que listo.
Eu montei para o que en teoria viña. 6.5 111 e 38.
Unha barbaridade. Despois dunha hora vaixo a choiva, cando parecia que ia mellorar un rato, havia que marchar.
Impresionantes as ondas que se forman na marxe dereita do final do rio. En dez metros son o doble. De .75 a 1.5 metros segun a miña estimacion.
Lástima non ter collido menos vela e menos táboa.
Arquivos do autor: Paulo
Trasluchada
111 litros 38 de aleta 7.5 bien tensa. Cunchas. Casi Trasluchada sin planeo, me cai al final de no creermelo.
Moi bo día, catro idas e voltas a cortegada, planeando moi moi, cómodo. Pouco chopy.
Dous detalles do día:
Como inflúe o traxe de neopreno na percepción do mar. Parece moito menos ameazador cando estas quentiño e protexido.
Como a desenvocadura do río produce moito máis chopy na marxe dereita, pegado á esquerda das cunchas. Era como o doble. Tiña que apurar o meter footstraps antes de chegar á zona para pasala ben.
Moi ben, día moi burgués, axeitado a míña idade e condición física XD, XD
Segundo turno
Por segundo xoves consecutivo repetin a xogada.
Prevision de caña ate eso das 18 na Illa, apuro todo o posible, e ás 17 estou listo para montar 5.7 e estrear a gusto a taboa de 105.
Pero os do primeiro turno xa paparon todo o vento e so nos quedan as sobras.
Tex leva unha vela que parece de 8 +-, asi que eu poñome en modo machote e monto 7.5.
Acertei de pleno. Con 40 de aleta e 111 de taboa planeo sen problemas… tres bordos. En fin, menos da unha pedra. Despois quedou incordioso, xusto no limite. Posiblemente con mais vela ou mais tavoa teri planeado moito mais tempo, pero fixose tarde para poñerse a elo.
Reconciliado.
Repetindo todos os parametros do día anterior (Cunchas, Rianxo, 111, 7,5 40 aleta), pero moito mellor.
Menos vento, menos chopy. Por veces non planeaba, e por veces ía xenial, con pouco chopy e boa velocidade, rebotando contra a auga en lugar de sufrir contra unha pista de cemento ondulada.
Unha boa sesión na que disfutei máis do que me cansei. Íame facendo falla despois de 3 fallidas.
Pasadiños
Fieis a máxima de “non achicar” collimos 6,5 e 7,5 coas correspondentes táboas de 92 +23,5 aleta e 111 + 40 aleta.
Como resultado, moi pasados, moi dificil ir ó largo e sufrindo moito co chopy.
Cunchas. Rianxo.