Saímos das cunchas con 6,5 remendados, 111 e 38 de aleta, 144 7,5 e 40 de aleta.
Remontamos ate Bamio, moi ben, pouco chopy e vento xeitoso para este material. O descenso tamén xeitoso, inda que xa con caídas de vento achacables á mala relación do térmico coa componente nordés.
Esperamos que mañán mais 😉
Arquivos do autor: Paulo
Pasados !!
Coma sempre, vela grande ande ou non ande. Saímos das cunchas con 5m, 92litros 21cm de aleta e 6,5m 111l 38cm aleta. Ó principio non tanto, pero despois moi pasados. Na segunda saída da Praia, entre a marea e o vento íamos camiño de Catoira. Houbo que activar o plan de continxencia e parar nunha “minicala” que está ó lado das cunchas e desventada. Facía moito tempo que non voltábamos ó punto de partida.
A novena vai a vencida.
Despois de moitos intentos coa convinación 9 metros , 144 litros, 48 de aleta, este foi o bo. Por fin conseguin planear un ratiño con esta convinación, inda que tiña a sensación de que tamén o tería conseguido con 7,5. Sigo sen pillarlle o truco, inda que nos imos achegando.
ActualiAcion MeteoXIS
Flotando de novo.
9, 144 litros, 48 de aleta e a flotar saindo do porto deportivo de Rianxo. Paseo e paseo.