Despois dunha longa sequia navegada con planeo. Auga a 25 graos. 111 40 de aleta e 7.5 m Lado contrario de bamio
Arquivos do autor: Paulo
Flotando en rianxo
O termico marcaba 25 km en Cortegada e decidin sair dende Rianxo a ver si me tocaba algo. 9 metros mal trimada, inda non lle collin o truco, 144 litros, 48 de aleta e a flotar. En nengun momento vin posibilidades de planear, a pesar de que asomaban algunhas espumiñas.
Na revision posterior, a grafica confirmou a crua realidade. Os 25 duraran un momentiño, e ó rato xa eran 15.
Non sei se con mais vela ou mais maña…
Fracaso por vago
Nas cunchas. Montamos o do sábado pasado, pero non colou. Pasåmonos a 111 40 e 9 metros. Pedro saiu ben, pero sufriu na volta por exceso de vela. Eu co mesmo equipo a u pelo de planear. Seguro que con mais litros o conseguía. Tamen ia a vela mal trimada. A ver se lle pillo o punto…
En fin, con media hora de traballo mais teríamos colleitado exito.
Madrugón na desenvocadura do Ulla
Madrugamos o sábado para sair dende as cunchas cediño. Cumpliuse o pronostico de nordes xeitoso, e con 5m/92 e 6,5/111 íamos sobrados. O único pero: que os dous estabamos medio enfermos. Detectámolo ó darlle un pouco de caña, que nos agotabamos. Eu podía planear pero non o facía porque me cansaba pelear co chopy. Non sei se iría un pouco pasado de aleta (38). En todo caso, outra navegada para o saco 😉