Hoxe tomei posesión ! Xa son funcionario. 🙂
Arquivos do autor: Paulo
Rodada 17/06/2010
Voltamos ó norte con altas espectativas. Esperabase máis vento, cometas pequenas, velocidade alta. Inda que podía dedicar pouco tempo a rodar, non descartaba incluso un asalto ó meu máximo de velocidade.
Pois non !! . Valorei mal o vento que facía no aparcamento e non vaixei a Bora 7. E eso que tiven un aviso que non souben entender. Non recoñecín a cometa que estaba usando Oscar. Era encarnada e branca, pensei si sería a Yakuza 8 e pico, pero parecíame moito vento para esa vela. Finalmente resultou ser unha century 6.0. E ía corto …
A Bora 5.2 da para pasear un pouquiño, pero non chega para unha rodada en condicións. Finalmente paro a Oscar e secuestro a súa Bora 7. Prestarma era o menos que podía facer despois de arar completamente a praia 🙂 :-). Xusto a tempo, o vento baixou todavía máis e continuei de paseo, pero con máis vela. A praia non estaba tan ben como a última vez, con unha zona de baches que cortaba a traxectoria cercana a auga. Pese a todo, deu para uns minutos de xeito. O vento voltou a subir, e xa puidemos ir rápido, inda que con unhas derivas tremendas. Acadei o mínimo esixido pola política de valoración de rodadas 🙂 : Máximo de 50,6 Km/h. 41 km rodados a unha media de 25.5. A cousa daba para un pouco máis, pero tiña unha reunión en Santiago, así que oubo que recoller pronto.
Polo momento hai poucos paseantes e non os incordiamos, pero a partir de agora as rodadas vanse poñer máis difíciles, xa que os servizos de salvamento van empezar a estar nas praias, acompañados por un aumento significativo de usuarios da praia. Hai que apurar as posibilidades ;-).
Paraísos cercanos
Lembro moitas veces dous libros que tiña de pequeno. Un era “Perros y más perros” e outro era “Gatos y más gatos”. Os dous contaban que había moitos tipos de cans e gatos, grandes, pequenos, simpáticos, cascarrabias, … E os dous remataban coa mesma frase “Pero el mejor perro/gato es el que uno tiene”.
Do mesmo xeito, os mellores paraisos para rodar son os que están a menos de hora e cuarto de casa. No meu caso Carnota e outro máis, que visitei o sábado pasado.
Para que vos fagades unha idea, pensade nunha superficie de 160/200 metros de ancho, 750 m de longo e unha area de consistencia perfecta sen baches, só uns regatos que non ofrecen problema inda que vaias a 50 km/h. Para completar, unha zona de praia con area algo máis blanda, e unha pendiente lateral forte que remata nunha especie de dunas formadas polas ondas, cunha lonxitude de 1,5 km. Todo esto complementado con un vento que tivo a ben comenzar un pelín NO e ir rolando a un pouquiño NE. Nuboso ás 9:30 cando comecei a rodar, e con impresionantes nubes e luminosos claros ó avanzar a mañán.
Supoño que Valdelagrana será mellor, Peniche non se queda atrás, La Franqui será fantástico, etc, pero esta querida praia é un dos meus Paraísos Cercanos. E o sábado unha das mellores rodadas da miña vida. Para outros será pouca cousa, pero eu conservareina na memoria moitos anos.
Comenzou como sempre: despertando unha hora antes do previsto e decidindo arrancar en canto se poida. A previsión tiña dous puntos febles: a probabilidade de chuvia e o risco de que o vento ó final fose escaso. As dúas amenazaron durante todo o camiño, pero non se cumpliron ó chegar, con 40 minutos de adianto, as 8:40, ó aparcamento.
Montei con toda a calma do mundo, coa sensacional marea prevista para as 10:48. Ás 9:30 estaba todo preparado. Casco posto, arnés amarrado, Bora 7 despregada, buggy coa súa maleta esperando, impaciente por morder area. Arranco hacia a dereita, pensando que tal como están o vento e a marea podo chegar ate o rio de desaugue da lagoa, punto que nunca acadara. En nada estou moi cómodo a 35 km/h “poñendo en practica” as explicacións do foro AEKB sobre o vento aparente: a tracción da bora aumenta progresivamente coa velocidade, marcando neste primeiro longo un máximo de 49, que me levou en poucos minutos ate a división natural da praia. Parei con antelación, para recoñecer o terreo e non caer á auga por exceso de velocidade. Recoñezo un pouco a zona para afinar máis na próxima. Camiño de volta. De novo a tracción aumenta coa velocidade, hai que levar a cometa alta para compensar a inclinación da praia e non dar coas liñas no alto das montañas formadas polas ondas. A cousa ponse moi cañeira, xa por riva dos 50 Km/h. Aproveito a area seca e a pendente para frenar e xogar un pouco á montaña rusa coas ondulacións da zona alta da praia.
Repito un par de veces e paso á zona oeste da praia, para disfrutar do esplendido estado da zona dura. Dende alí vexo como aparece Oscar. Achégome para comentarlle que a praia está estupenda, e que vou moi ben con Bora 7. Tamén el escolle bora 7, para deixarme sen escusas. E a seguir. Unas boas excursións á zona este, cos seus correspondentes piques, pasadas -de Oscar a min, claro- . Aproveitando a estabilidade do vento, inténtase algún xiro a contravento e similares. Para min a cousa inda está moi verde.
Cruzamos o río cara a zona oeste, e suma e segue. O vento xa rolou un pouquiño, quedando cunha dirección ideal para esa zona. Hai tanto espazo que xa case non sabemos por onde andar. Se fose menos vago, teríamos feito un circuíto interesante. Para outra ocasión.
Xa co meu tempo máximo de rodar ampliamente superado -a ocasión realmente o requería- enfilo cara casiña para chegar á hora de comer, despois da derradeira excursión ate o rio.
O vento permíteme achegar o buggy ate cerca da pasarela de entrada, recollo e me despido do mar ate a proxima visita ó noso Paraíso Cercano, dando grazas a Deus polo regalo desta xornada.
Rodada en Rianxo 07/06/2010
Finalmente arrinquei cara á Lanzada, para tentar rodar antes de que empezase a chover… Cousa que sucedeu en canto me incorporei á autoestrada. Visto o visto, decidín minimizar o coste en tempo e cartos do intento de rodar saíndo en Padrón, e enfilando cara Rianxo.
Ó chegar segue a chover, inda que pouco. Miro para un lado, miro para outro, remexo no asento do coche e por fora, e finalmente monto o buggy, cando xa vai parando a choiva.
Como sempre en Rianxo, hai moito máis vento no aparcamento que na praia. Baixo con 1,7, 2,5 e 3,8 sendo esta última a talla máis axeitada. E a elo. Os primeiros corenta minutos da sesión dánseme bastante ben. A praia ten pouco ancho de area dura para dar as curbas, polo que hai que optar por xirar en seco. A mellora da miña técnica quedará para mellor ocasión.
Non podía faltar un pouquiño de choiva no medio da sesión. Nada grave, inda que a bora mollouse un pouco, notándoselle no rendemento. Secou e recuperou rápidamente en canto as pingotas desapareceron. A partir da chuvia, o vento baixou. Cando levaba unha hora e cuarto era o momento de sacar unha talla máis, para o que tiña que ir ate o coche. Valorando o risco polo racheado do asunto, e que tiña ós meus fillos solos na casa, decidín deixalo e ir a darlles a cea.
O resumo da xornada: 41.3 Km en 1:33 h, Máxima de 46,7 Bastante ben, pero últimamente se non paso de 50 non acabo de quedar contento 🙂
Aprobado !!!
O xoves 20/05/2010 saiu no DOG a resolución do tibunal na que se di que aprobei as oposicións de grupo A2, Escala de Xestión de Sistemas de Información. Para entendernos: informática da Xunta, grupo A2.
Faime tanta ilusión que subín o ficheiro da resolución:
Despois de moitos anos traballando (13 se somos estrictos, 11 se non contamos un master como estudio de oposicións), coidando familia e estudiando, finalmente acadamos este obxectivo.
O plural non é maiestático, este é un éxito de toda a familia, que tivo que facer renucias, sufrir e apoiar a actividade de estudio. Á miña querida muller, ós meus fillos, e ó resto da familia: GRAZAS.
Grazas tamén ós amigos, que transmitiron apoio e confianza. Grazas ós que en moitas ocasións estudaron comigo, pola axuda prestada. Grazas ás academias nas que fun a clase. Grazas ás persoas que poñen ó seu coñecemento a disposición do mundo en internet. Todo foi necesario. Como en algúnhas competicións ciclistas duramente disputadas por etapas, conseguimos a “victoria” o último día, entrando polos pelos no corte e defendendo con uñas e dentes a ventaxe adquirida anteriormente
E por suposto, grazas a Deus polo regalo dun traballo estable nestes difíciles tempos.
E cas grazas, o meu compromiso persoal: traballar na Administración Pública buscando lealmente o ben común. 😀