Un precioso Mx5 ND Soul Red, diez añitos mas joven que el NC que lo acompaña 😉
Este artigo é a modo de notas para a organización do LVII Concentración RSC
O mar do solsticio.
Asuntos pendentes:
Restaurante Fonsagrada
Concello Fonsagrada
Concello Rivadeo
Restaurante Cariño
Concello Cariño.
Cea en Ferrol
¿Concello de Guitiriz?
Aproximación actual
No estudio preliminar non hai festas importantes en estaca de bares no san Xoan.
Moi boas. Achégovos unha posible excursión a Baiona, baseada na que fixen coa miña esposa o outono e 2015. Está pensada para saír cediño de Santiago, sobre as 9 da mañan, inda que tamén pode facerse saltándose Santa Tegra e indo directamente a Oia a comer.
Santiago-Oia. Autopista con pouca historia, inda que as vistas da ría de Vigo son impresionantes para o copiloto, mentres o piloto mira á estrada.
Unha vez que se sae á xeral de Baiona a A garda, o paseiño é de paisaxe impactante e agreste. Mar e pedras, fundamentalmente.
https://goo.gl/maps/Tgnb6FRMXT22
Ata Santa Tecla: 2:10 horas. 153 kilómetros.
https://goo.gl/maps/B9NZKkCMQhq
Se madrugáchedes e ides a Santa Tecla, teredes doble ración de paisaxes, coa desenvocadura do Miño dende o alto da montaña como plato forte. A volta pola montaña ate Oia, ten tamén interés para quen lle guste conducir por curvas. Ollo co mareo dos copilotos ;-), pódese requerir biodramina.
De Santa Tecla a Oia 32 km, 52 minutos.
https://goo.gl/maps/cxFePhtHsGF2
En Oia, tapería A Camboa. Reservar se se queren vistas. Nas páxinas amarelas aparece o tf 😉
Vistas dende Oia:
Despois de comer, xa toca ir apaciguando, así que directos o hotel.
Parador. Si o si, habitación superior. Hai que buscar unha boa oferta, pode saír sobre 120 € 130€. Con “pequeno almorzó”, para disfrutar da habitación ata las 12 ;-). É caro, pero francamente nos o disfrutamos moitisimo. Habitación a temperatura ideal, vistas impresionantes, cama cómoda e amplia, edificio interesante,…
Vistas dende a habitación do Parador, e paseando polo entorno.
Inda que non esteas aloxado, pódese ir a cafetería do Parador, que paga a pena.
Unha vez instalados no hotel, descansados ou animados, según lle cadre, podemos enfocarnos no que nos ofrece Baiona.
Imprescindible paseiño polas muraias do parador. Se vai calor podemos pensar nas praias cercanas:ó lado do clube náutico ou xa mirando a mar aberto a que hai do outro lado do parador, ou na piscina do parador.
Podemos escoller paseo según mellor nos pareza, e deixar algo para o día seguinte.
A zona agreste é cara o sur, por onde xa pasamos en coche. Hay un carril bici e aluguer de bicis (la pedalería) en Baiona, se nos apetece mais esta opción. Ollo con ir demasiado lonxe.
Ata cabo Sieiro é de sobra 😉
https://goo.gl/maps/zABnwyji3ur
A zona mais urbana da costa está, evidentemente, cara o outro lado. O paseo é acolledor, llano e moi moi fácil de andar. Non hai escusa para non ir ate ó camping, a Nigrán, e se se está con moito ánimo, chegar a Praia América.
Nesta zoa hai voo de parapente e paramotor. Con un pouco de sorte pódense ver dando colorido ó ceo.
https://goo.gl/maps/YAZ2U8sVF762
Con todo esto xa debe tocar ir de cea. Sen dubidalo, á rúa dos viños. Unhas tapas e unas racións a maiores e xa imos de sobra, prezos similares ós de Santiago. Nota: hai un unha churrería que se ve moito, pero a min non me gustaron nada os churros. Non paga a pena o que engordan en comparación co que saben.
Para a juerga nocturna disque hai varios sitios. Quen se anime terá que buscar por interné u preguntarlle a outro mais festeiro.
Ó día seguinte toca levantarse con calma tomar o desaiuno e voltar para a cama ate que sexa hora de deixar a habitación XD, XD.
Despois pódese optar polo que quedou sen ver do día antes, ou tirar cara Vigo a a completar a excursión.
A dolorosa:
A viaxe en coche: 50€ ida e volta contando peaxes e gasolina.
A comida: depende do esixentes que sexades e o que pidades. Nos somos moderadiños e gastamos 30€
A cea e os viños: Cálculo similar. Por 40€ dúas persoas sen problema.
O parador: O mais duro de pagar. De 120 a 130 pola noite e o “pequeno almorzó”. Paga a pena, pero hai que buscar unha oferta. É necesario que teña cancelación: Imaxinade que ven mal tempo e hai que ir de todas todas…
Como xa comentei antes, dende meu punto de vista paga a pena a inversión.
Cafeses e refrescos a maiores: o de sempre, ponlle 10€ ó día.
Comida do segundo día: Non fixen proposta, pero se inda estamos en baiona, repetiría na rúa dos viños ;-), cos 40€ de máximo
Total: 300€ polo finde. Nos na práctica gastamos menos –sobre 270) polas comidas, que nos saíron mais baratas, pero eso xa depende de cada un ;-). Pódese coller a bici e comer menos, como cura de adelgazamento
PD: dedicado ás Raíñas