Estupenda saída dende as Cunchas. 6.5, 105 e 32 de aleta. Subida en 7 bordos ata Bamio e baixada nuns cantos máis, tomandoo con calma.
Arquivo da categoría: Sen categorizar
Estreno en Barraña.
Hoxe caeu unha navegada como quen non quere a cousa. Non tiña claro que a ferida da man estivese en condicións de sufrir unha sesión de wind. Non sabía se o fillo ía vir ou non, non sabía as condicións meteo…
Pero as cousas foron saíndo. O fillo veu. A meteo era potente. Hai que animarse, así que estreamos a nosa flamante Blade 4.5, comprada nova de rebaixas, que leva esperando o seu momento xa mais dun ano. O tema estaba como para usala eu…
…durante un bordo. Voltei como puiden, parte do camiño andando e dinlle a 4.5 – 92 – 23 de aleta ó fillo, para que navegase el. Recollimos os 3.7 – 68 -20 e montamos 5.7 -105 – 32 para min. Superpasado, pero peor sería non navegar.
Nunha volta para descansar un momento, atopo ó fillo agotado, así que recollemos a 4.5 e saio con 5.7 -92 -23. Inda que escasa de aleta, a mellor combinación do día. Planos de auga entre ondas, pequenos saltos para ir perdendo o medo e intentos de trasluchada de final predecible XD, XD.
Acabamos a recollida e para a casa.
O único punto negativo foi o outro estreno do día : O chaleco antiimpacto Alder non me acaba de ir cómodo. Ou se sube ou apreta tanto que non dou respirado. A ver se atopo un apaño enganchando ó arnes ou quitando a espuma do gancho…
Paseo veraniego
Unha rutilla que vou tentar hoxe, se todo vai ven:
Nordés mañaneiro
Nordés na previsión. ¿ a onde ir?
Onde sempre: a Catia.
En primeiro intento con 5 92 e 25, pero non me situei ben e non din saído. Seguramente chegaba fora, pero preferin subir talla e asegurar. 5.7 105 e 32 que cumpriron perfectamente a súa función. Saquei unhas cuantas trasluchadas mellorando o cambio de mans e din un par de saltiños.
Pouco a pouco van saindo as cousas.