Nas cunchas, de 8:45 A 10:30 6,5 111 e 38 aleta. Bastante ben a primeira hora. Despois un pouco corto. Moita corrente do río e pouco chopy escepto por momentos, non sempre acompañado de mais vento.
Arquivo da categoría: Windsurf
Freeride !!!
O nordes ía darnos unha boa sesión en calquera punto da Ria de Arousa esta tarde. Era o día de aproveitar a flexibilidade horaria e a media hora que levaba atesourando nos primeiros días do mes. Só faltaba decidir a onde. Hoxe había un criterio a maiores a ter en conta.
Na última navegación tiven a sensación de que con vela de 6.5 podía ter dúas opcións de táboa, a futura 111 (Freerace) e a lorch glider 105 (freemove). As dúas son freeride, pero una é moito mais cercana ó slalom sobre todo coa aleta que lle poño , e outra cercana ás ondas. As probas da futura con aleta de 38 freeride pura non me convenceran moito. Con 34 e 5,8 resultara razoablemente ben, pero non me desenvolvía con soltura polo chopy/ondiñas. Demostrouse moita mellor opción a 105 con aleta de 28 para dita vela. Con todo isto, Decidín comprar unha aleta powerbox de 32 para probar 6.5 105 32. Parecía umha boa opción, atopeina relativamente pronto e estaba esperandome na oficina de correos. Vencín a pereza de achegarme a buscala, e tirei para a Illa por dous motivos: facil aparcamento e fácil cambio de material.
Acertei de pleno. Nos primeiros momentos con 6.5 111 38 ía ben. Ó subir un pouco máis pasei a ir incómodo e pasado, co que a opción de probar a táboa coa aleta nova parecía o mais axeitado. Deixando a 111 montada por se acaso, montei a 105 e foi un éxito completo. Planeo facil e cómodo, control, manexo con soltura das ondas, e varios intentos de trasluchada que acabaron na auga, pero con boa sensación, voume achegando. Aguantei a vela sen maior problema, inda que posiblemente os últimos 45 minutos podería ter ido con 5.8. Pero o obxectivo é navegar, non montar de desmontar material, así que creo que enfoquei ben a sesión.
Disfrutei moitísimo da sesión. Si que me sentín “free” navegando e pasando polo chopy sen acabar cos xeonllos feitos un cristo. Unha moi boa sesión. E como sempre, o conto vai a peor ¿Cando toca a seguinte?
Madrugon vacilón
Madrugon en cunchas.
Montei 8.5 144 48. Cando ia sair subira. Montei 6.5 111 48. Subiu. Montei 5.7 105 28. Xenial o bordo de ida. i de volta rezando para chegar por falta de vento.
Non sain con 8.5 porque se me ía facer tarde.
Na grafica vese o pico das 10 am do 02/05 (8 utc) que me deu a murga, cunha variación de 10 knots.
Corrubedo e trasluchada
111. 6.5 38.
Corrubedo precioso. Inda que me incordiou un pouco o racheado. Por zonas moi rápido. Curioso o mar dw fondo con ondas grandes. Costa arriba e abaixo.
Primeira transluchada completa. A esquerdas estribor.
Ondiñas veñen
Finalmente non puiden acoplarme ós navegantes de Barraña, e saín solo en Rianxo-Cunchas.
Estrenei combinación nova Gator 5,7 Botavara Severne que inda non usara e Lorch Glider 105 con aleta de 28. Moi ben. Planeo case continuo water sen problema. O único pero eran uns cabos de arnes demasiado longos (28). Moito esforzo de brazos. Cando a cousa se poñía dura tiña que cortarme para non ir máis rápido do que da o meu nivel. Unha medio catapulta con straps postos, que non sei moi ben por que aconteceu.