Mercores 11 de Setembro. As Cunchas.
Por fin estrenei a primeira vela comprada nova ( de rebaixas, por suposto ). Unha Severne Gator 5.7, encarnada e negra. Conforme á filosofía das Gator, de ir modificando o tipo de vela en función do tamaño, ten moita máis pinta de “vela de olas” que a 6,5.
Soplaba ben, co anemómetro de Cortegada rexistrando 21 nos e 27 no refacho. Tocaba coller umna vela acorde, asi que 5.7.
Boa eleccion. Montada coa botavara cool do fillo, quedaba un aparello lixeiro e manexable. Faltaba ver se podía cos meus 80 kiliños.
No primeiro momento parecia que non, pero despois duns axustes de cabos de arnes, en seguida demostrouse o contrario.
Mais ben ia pasado de taboa. Os 111 llitros de futura e 34 de aleta remexianse con dificultade entre os valados de cerca dun metro por onde circulaba. Por momentos incluso votei de menos os cinco metros de blade que quedaron no remolque.
Pero non, a vela era axeitada. O bordo de ida un pouco bronco, o de volta xeñial. As ondas crean camiños fugaces nos que asentar a postura, e conceden un instante contemplativo…As partes opacas da vela tapan o sol nos ollos, e no mar relocen miles de saudos de luz… ¡¡ Non te despistes, que te esnafras !!. Hop !, un mini salto e sigo acelerando.
Paro na praia e reaxusto cabos. Ó pouco de retomar, un hidroavión colle auga, maxestuoso, cerca de Cortegáda. Non me meteu medo no corpo, pero a cabeza é outra cousa. ¿ Veráseme ben navegando?¿ E se a vela está caída e eu na auga…?
Vixiando o ceo de vez en cando para saber se hai tráfico aereo, fago outro bordo. Por se acaso, tento o xiro “o abrigo” da plataforma onde está a estación oceanográfica. Que facil é facer waterstar con esta vela!!. Entendo agora porqué un compañeiro dixera que tiña mérito facelo coa de 7.5.
Despois dun descansiño puiden facer outro par de bordos. O sol estaba xa en plan de retirada, así que seguín o mesmo camiño. Cando ía chegando á praia, como sempre nos últimos tempos, tocou flotar os últimos 200 metros.
Para completar a sesión estiven de palique con un usuario da praia, tentado polo asunto este das táboas con vela. E despois tamén atopei a uns amiguetes. Algo de socialización ven perfecto para complementar este deporte, mais ben solitario. 🙂