Venta Material Windsurf

Poño á venta un equipo completo de windsurf. Esta mensaxe é para as fotos.

Vendo equipo completo. Puede valer para iniciar a un niño/adolescente o chica. El primer equipo de PetrusBoniatus (mi hijo), que le sirvió para empezar en esto.

Formado por:

Tabla bic e-large 135 litros, 263 eslora 69 manga. Tiene rayaduras, poco antideslizante y una reparación en uno de los cantos, realizada en casa de forma aceptable. Aleta de 36 cm.

Vela de olas Hot Sails Maui 3,5 m Luft 352-353 Boom 146-148 Mast 340/25/14 gastada pero en funcionamiento. Con variotop para adaptarse a distintas medidas de mastil.

Vela de olas IMPACT GunSails 4,7 m Mast 416 Loop C75. Boom 165 ICMS 20 bastante gastada pero en funcionamiento. Con variotop para adaptarse a distintas medidas de mastil.

Vela Gaastra Flow X1. 5.0
Con variotop para adaptarse a distintas medidas de mastil Con un camber y en buen estado.
No la he probado más que para montarla para la foto y la verdad es que me dio muy buena sensación.

Mastil Decathlon 430 SDM c45, ICMS 21 en perfecto estado.

Mastil Gun loop 370 SDM c25, ICMS 18 en buen estado. La base es un poco estrecha, he modificado el alargador B3 para que pueda entrar.

Botavara de aluminio B3-29 135-195, en buen estado. Con driza. SIN Cabos de arnes.

Alargador de mastil tipo bala SDM decathlon de 15 cm. Las anillas las retiré porque estaban estropeadas, lo uso como “base 0” para el mastil 370.

Alargador de mastil tipo bala SDM b3 de 30 cm

Base de mastil tipo bala, tendón BOGE.

Tensor una mano razd.

He ajustado y comprobado los variotops para montar las velas de la siguiente forma:

La 3,5 con el mástil 370 y la “base 0” decathlon.

La 4,7 con el mástil 430 y la “base 0” decathlon.

La 5.0 con el mástil 430 y el alargador B3

Quedan bien montadas, aunque hay que tensar con fuerza ;-).

De momento solo vendo el equipo completo, precio 450 €€.

En Galicia el precio incluye una hora de clase de montaje de las velas, siempre y cuando la entrega sea en las rías de Arousa, Noia, Cesantes o algún otro sitio a menos de 1 hora de Santiago donde se pueda navegar. Se puede ver en directo en los mismos lugares.

También envío a cargo del comprador. He buscado por internet en un par de páginas y no me dan precio para un bulto de más de 240 cm de largo. Supongo que rondará los 70 €

A primeira planeada

A illa 4 de Setembro de 2012.

Alí chegamos meu fillo mais eu, coa praia só ocupada con bañistas tomando o sol. Menos vento do esperado. Despois do debate pai-fillo habitual, decidimos montar 5,8 para ver se move os seus cincuenta e poucos kilos. Non é quen de arrancar da praia, non acaba de afacerse á botavara, así que para e montamos a que usa habitualmente. Un par de minutos máis tarde está navegando. Non da mostra de ir pasado, así que opto por 7,5 para min.

Neste tempo foron chegando á praia cometeiros e Ces172 do foro totalwind exerceu de anfitrión, avalando a decisión de vela. El saíu con 7,8 m.

Cando saín o vento estaba a aumentar un pouco, pero o mar seguía bastante plano.

Primeira alegría do día : beachstar case sen problemas. Quedo un tanto aproado, pero como o vento non é moito podo corrixir a posición e navegar sen drizar de saída.

Segunda alegría do día: os cavos de arnes mais longos facilítanme moitísimo engancharme, podo facer os bordos moito máis descansado.

Terceira alegría do día: ¡¡¡ o meu primeiro planeo !!!!. Despois de reglar os cavos de arnés e poñelos máis atras na botabara, vou enganchado un pouco en ceñida, póñome ó largo e acelero. Voto os pes un pouco cara atrás e acelero outra vez, vendo que media táboa ou máis está no aire. Paréceme ir ó doble ou o triple da velocidade que conseguira ate agora. A sensación de ir “por riva da auga” é sensacional, non floto, vou voando !!. Estou en condicións de meter os pes nas cinchas, pero a pesar de telo leído en libros e en foros, no momento asáltame a dúbida de que pe teño que meter antes. Decido deixalo para outra ocasión e sigo uns segundos ate que teño que soltarme e virar por mor das lanchas fondeadas na praia.

Nestas detecto que a botavara está un pouco floxa, e teño que voltar a tensar. Entra á auga un compañeiro con 6,5 , que ten tempo para rirse un pouco da miña cara de “flipado que acaba de planear por primeira vez” XD, XD. e comentarme que o pe que se mete primeiro na cincha é o de diante.

Xa co material ben axustado volvo á auga, pero a forza que nos move xa estaba máis perezosa. Inda así, deu tempo a uns cuantos bordos, e a asentar o beach start gracias ás indicacións dun compañeiro que -se observei corretamente- estaba a facer freestyle. A quinta táboa da tarde, coa única rapaza do lugar navegando, incorporouse nese momento.

Aproveitando a baixada do vento, o meu querido caradura de 53 kilos fixo o de sempre: axenciarse a mina táboa e vela. No seu descargo hai que dicir que xa recollera o seu material. Con 144 litros e 7,5 planeaba sen problemas.  Ese si que aprende rápido, e non eu.

En fin, un día precioso, moitísimo menos cansancio que en sesións anteriores e máis ganas de navegar que nunca.

Proxecto de Remolque

Esto do windsurf para dous -pai e fillo- é moi costoso en traslado de material, sobre todo saíndo dun garaxe que ten pouca altura => só unha táboa colle no teito do coche.

Debido a esto, está prácticamente decidida a adquisición dun remolque Ad Oc para estes menesteres, inda que no seu deseño terei en conta tamén a posibilidade de buggy.

Despois de consultar en un par de fábricas de remolques, parece claro por cal vou optar. Será un remolque dun so eixo, sen freno, con medidas de planta de caixa de 300×140 cm, e altura por determinar. Está pendente definir se o carrozo na mesma fábrica ou busco prezo para a caixa en fibra, sempre e cando saia máis barato, claro.

Optei en principio por unha altura de 85 cm, co seguinte deseño:


Dado que as barras de separación irán acolchadas, con un diametro de aprox 5 cm, suponse que os espazos serán de 27 cm de altura o superior, de 21,5 o intermedio e 28 cm o inferior. A colocación das táboas, velas, botavaras e mastros ven especificada no debuxo.

As barras superiores están pensadas con varios obxectivos: a) levar outras táboas se se necesita, b) cargar un buggy ou máis se non se abandona a outa afición c) Colocar o arcón Thule que temos para o coche d) Carga xenérica 😉 .

Paréceme máis versátil un deseño de 3 barras transversais.

As lonxitudinais traseiras están pensadas para apoiar o eixo dun buggy e podelo suxeitar sen problemas. Eso si, é necesario que a distancia entre as rodas traseiras sexa de máis de 140 cm. En caso contrario, haberá que quitarlle unha roda ;-). Tamén pode amarrarse unha táboa de chapa marina ó longo, para desprazar a roda dianteira do buggy.

Quédame a dúbida de si compensará tentar “apretar” un pouco máis para meter outra táboa máis

Rotura en proa

O terceiro día de usar esta excelente táboa, da que estou contentísimo, tiven un percance. O mástil caeu sobre a proa, rompendo a táboa:

Haberá algún profesional neste pais galego que repare esto ?

 

 

Engado esta foto dunha botavara para pedir opinions

Reparacion de táboa

Seguindo como puiden as indicacións de Neira de http://www.totalwind.net , tentei reparar a táboa que me desgraciaron no transporte 

Sanear o golpe, retirando os cachos exteriores de plastico.

Encher con Epoxy en xeringa. En canto o botei comezou a botar burbullas, ate que se tranquilizou, quedando desta guisa:

E así quedou. Non ten mala pinta, pero estou preocupado porque o parche segue pegañento despois de 15 h. Teño a sospeita de que non mezclei ben as dúas partes do Epoxy.

Efectibamente, tiña mala pinta. Ás 36 horas o epoxy seguía gomoso. Optei por quitalo e usar outro:

Os resultados foron moito mellores. Ás 2 horas estaba duro e ó día seguinte puidose lixar sen problemas.

O aspecto recén aplicado.

Mellor que o da mala fotografía.