Coa esperanza de pillar unha sesión como a de onte, Pedro achegouse a facer wind.
Aparentaba un pouco menos, asi que 92 e 4, 105 e 5 e para a auga.
Pinchazo. Inda que deu para un planeo, xa se via que non daba.
Paseille a 5 mentres eu montaba 6.5. O mesmo. Doulle a 111 con 38 de aleta e 6.5. Agora si, planea a toda caña mentres eu monto 7.5 e 144 48. Cando chega di que menoa taboa. Volta a coller a 92 e eu a 111 con 7.5.
E agora é cando sube, claro. Pasado de vela e táboa, como Pedro xa o deixa, collo a 6.5 e vou ben uns poucos bordos, qye ca toca parar.
Ó final, salvamos a sesuon grazas a levar todo no remolque.
Arquivo da categoría: Windsurf
4.0 e 92l
Sesion moi potente na Catia. Navegando por primeira vez con taboa de 92 litros, 25 de aleta e severne blade 4.0.
Moita caña e por veces sen vento suficiente para a minivela, globalmente moi ven.
Catía e 6,5 rota.
Saín con 6,5 105 32. Bordo de ida e de volta xenial. Despois rompeu a funda dun sable, tiven que ir coller a 5,7 pero so conseguín planear un pouquiño. Unha pena porque podía ter sido una sesionciña boa
Inicio fresquiño de temporada (II)
No meu caso, esto é un arranque de temporada por todo o alto. Dúas sesións seguidas 🙂 :-).
Había algunhas dúbidas de se ir ó Esteiro (Boiro) ou á Pobra. As boias marcaban dirección do vento de 45º, nordeste estrito, polo que optei por Pobra. Hoxe cheguei o primeiro e tiven que decidir. Optei por repetir o equipo do día anterior -lorch 105, 32 e gator 6,5- inda que parecía que estaba un pouco mais lixeiro que onte.
Aproveitando a marea baixa, adentreime bastante e puiden coller un par de bos planeos. Despois foi baixando pouco a pouco e so ía nas rachas. Voltei ó punto de partida e montei a futura 111 con 38 de aleta. Que gozada. Moito máis planeo, mais facilidade para virar, incluso tentei trasluchar un par de veces. A auga estaba fría pero nada que ver co día anterior. Un día moito máis acolledor.
Todo ben ate que a cousa púxose un pouco bruta. Deume tempo a coller a lorch de novo e pegarme outras boas voltas. Con todo xa ía tocando marchar, así que comecei a desmontar mentres os meus compañeiros de navegada voltaban un tanto ó límite coas velas e táboas de slalom. Inda me deu tempo a ver unha táboa de ondas e unha vela 4.8 pola praia, xa coa area facendo dano na cara…
Inicio fresquiño de temporada (I)
Por fin !!!
Despois de -uf, teño que mirar o rexistro para sabelo- dous meses e medio sen navegar, puiden desafiar ó frío e meterme con tres windsurfistas de pro na pobra. Lorch 105, aleta 32, Gator 6,5 e un frío de tres pares de narices.
Planeando moito e parando na praia para recuperar un pouco as mans. O único problema e que as decisións as marcaba o non pasar frío, así que nada de tentar trasluchar. Bastante ben de todos xeitos.