Perigos para a navegación.

Sesión bronca, con rotura de vela :,-(.

Petrus decidiu saír con 6,5, a vela que pensaba usar eu. Por non pelear co adolescente, alá foi.

A primeira na frente. Nada mais saír, atópase nun compromiso entre as rochas da marxe esquerda da praia e un letreiro que avisa das correntes da zona. Caelle a vela no letreiro e zaca ! un sete de proporcións considerabeis, que afecta ó paño central.

Disgusto, bronca, e toca sair con 7,5 e 5,7, sabendo que vou ir pasado como un burro. E así é. Non me quedan máis cáscaras que cinguir e cinguir. Vou con traballo ate tanxil buscando condicións mais apropiadas para a 111 + 38 de aleta, pero nada. So consigo un pouco de envexa dun veleiro escorado como se lle fose a vida no tema: eles poden meter un rizo e reducir a superficie vélica na auga, eu non. Moitas caidas, algún spinout por paos,…

Despois de moito pelexar, teño que voltar sin arnés, xa que case non aguanto cinguindo, moito menos ó largo. Teño o fillo tirado na praia, canso e enfadado coa 5,7.

Cólloa e vexo porqué. Mal posta a botavara, non era capaz de sacala da auga. A recoloco e probo un bo rato coa táboa de 92. Ben cando o vento sube. Inda que os 23,5 de aleta son demasiado pouco. Decido coller a 105 a ver se salvo a sesión.

Algo salvouse, inda que non moito. O bordo de ida a Cortegada foi aceptable, inda que notaba un pouco lenta a táboa, non sei se terá que ver con que a aleta non encaixa completamente e o talón queda un pouco fora. Ou sinxelamente é unha táboa mais lenta que a futura, ou estou habituado a levar aleta  de mais. No bordo de volta non conseguín asentar a postura ó planeo. Cansancio, falta de adaptación á táboa,… En fin, algo é algo.

Onde tiña a cabeza?

En teoria tocaba diluvio universal ate as 18:00 e despouis 18 nos.
Ó ver a choiva o meu fillo rajouse. Que listo.
Eu montei para o que en teoria viña. 6.5 111 e 38.
Unha barbaridade. Despois dunha hora vaixo a choiva, cando parecia que ia mellorar un rato, havia que marchar.
Impresionantes as ondas que se forman na marxe dereita do final do rio. En dez metros son o doble. De .75 a 1.5 metros segun a miña estimacion.
Lástima non ter collido menos vela e menos táboa.

Trasluchada

111 litros 38 de aleta 7.5 bien tensa. Cunchas.  Casi Trasluchada sin planeo, me cai al final de no creermelo.

Moi bo día, catro idas e voltas a cortegada, planeando moi moi, cómodo. Pouco chopy.

Dous detalles do día: 

 Como inflúe o  traxe de neopreno na percepción do mar. Parece moito menos ameazador cando estas quentiño e protexido.

Como a desenvocadura do río produce moito máis chopy na marxe dereita, pegado á esquerda das cunchas. Era como o doble. Tiña que apurar o meter footstraps antes de chegar á zona para pasala ben.

Moi ben, día moi burgués, axeitado a míña idade e condición física XD, XD

Segundo turno

Por segundo xoves consecutivo repetin a xogada.
Prevision de caña ate eso das 18 na Illa, apuro todo o posible, e ás 17 estou listo para montar 5.7 e estrear a gusto a taboa de 105.
Pero os do primeiro turno xa paparon todo o vento e so nos quedan as sobras.
Tex leva unha vela que parece de 8 +-, asi que eu poñome en modo machote e monto 7.5.
Acertei de pleno. Con 40 de aleta e 111 de taboa planeo sen problemas… tres bordos. En fin, menos da unha pedra. Despois quedou incordioso, xusto no limite. Posiblemente con mais vela ou mais tavoa teri planeado moito mais tempo, pero fixose tarde para poñerse a elo.

Reconciliado.

Repetindo todos os parametros do día anterior (Cunchas, Rianxo, 111, 7,5 40 aleta), pero moito mellor.

Menos vento, menos chopy. Por veces non planeaba, e por veces ía xenial, con pouco chopy e boa velocidade, rebotando contra a auga en lugar de sufrir contra unha pista de cemento ondulada.

Unha boa sesión na que disfutei máis do que me cansei. Íame facendo falla despois de 3 fallidas.