Sesion traballosa

As cunchas. Soplaba razoablemente e supostamente ía baixar. 6.5 111 e 38 de aleta. No momento de meterme á auga, decidín coller a lorch 105 con 32 de aleta. Saquei unhas cuantas planeadas antes do primeiro baixoncillo, que me deixou algo tirado. Pasei a 111, pero a cousa tampouco daba. Montei finalmente a 7.5 e puiden arrancar ó planeo, con moito esforzo, unhas cantas veces, pero bastante xeitosas. Uns intentos de trasluchada fallidos, pero hai que seguir. A ver se este verán a saco -so levo unha na miña vida-  e a estabilizo. Tamén teño que traballar a colocación dos cabos de arnés, non acabo de poñelos como Deus manda

Freeride !!!

O nordes ía darnos unha boa sesión en calquera punto da Ria de Arousa esta tarde. Era o día de aproveitar a flexibilidade horaria e a media hora que levaba atesourando nos primeiros días do mes. Só faltaba decidir a onde. Hoxe había un criterio a maiores a ter en conta.

Na última navegación tiven a sensación de que con vela de 6.5 podía ter dúas opcións de táboa, a futura 111 (Freerace) e a lorch glider 105 (freemove). As dúas son freeride, pero una é moito mais cercana ó slalom sobre todo coa aleta que lle poño , e outra cercana ás ondas.  As probas da futura con aleta de 38 freeride pura non me convenceran moito. Con 34 e 5,8 resultara razoablemente ben, pero non me desenvolvía con soltura polo chopy/ondiñas. Demostrouse moita mellor opción a 105 con aleta de 28 para dita vela. Con todo isto, Decidín comprar unha aleta powerbox de 32 para probar 6.5 105 32. Parecía umha boa opción, atopeina relativamente pronto e  estaba esperandome na oficina de correos. Vencín a pereza de achegarme a buscala, e tirei para a Illa por dous motivos: facil aparcamento e fácil cambio de material.

Acertei de pleno. Nos primeiros momentos con 6.5 111 38 ía ben. Ó subir un pouco máis pasei a ir incómodo e pasado, co que a opción de probar a táboa coa aleta nova parecía o mais axeitado. Deixando a 111 montada por se acaso, montei a 105 e foi un éxito completo. Planeo facil e cómodo, control, manexo con soltura das ondas, e varios intentos de trasluchada que acabaron na auga, pero con boa sensación, voume achegando. Aguantei a vela sen maior problema, inda que posiblemente os últimos 45 minutos podería ter ido con 5.8. Pero o obxectivo é navegar, non montar de desmontar material, así que creo que enfoquei ben a sesión.

Disfrutei moitísimo da sesión. Si que me sentín “free” navegando e pasando polo chopy sen acabar cos xeonllos feitos un cristo. Unha moi boa sesión. E como sempre, o conto vai a peor ¿Cando toca a seguinte?

 

 

 

Ondiñas veñen

Finalmente non puiden acoplarme ós navegantes de Barraña, e saín solo en Rianxo-Cunchas.

Estrenei combinación nova Gator 5,7 Botavara Severne que inda non usara e Lorch Glider 105 con aleta de 28. Moi ben. Planeo case continuo water sen problema. O único pero eran uns cabos de arnes demasiado longos (28). Moito esforzo de brazos. Cando a cousa se poñía dura tiña que cortarme para non ir máis rápido do que da o meu nivel. Unha medio catapulta con straps postos, que non sei moi ben por que aconteceu.

Flotada de Pascua

Cunchas.

Saín ás 16:30, para pillar os 14 nós que disque ían durar dúas horiñas.

Futura 144, aleta 48 e overdrive de 8,5. Non chegou. Saquei uns 4 mini planeos sen meter o pé de atrás, pero ía o largo e coa corriente empurrando cara a Catoira, non estaba o conto para perder barlovento.

 A vela estaba mellor montada con un punto mais de pe de mastil, os cams rotaban bastante ben, inda que é posible que fose mellor sen ese punto. Debía ter soltado a botabara un pouco máis, pero ó ter problemas coa corriente preferín non quedarme na auga ese tempo. Seguiremos trimando ;-).

De feito costoume o meu voltar á praia, menos mal que subiu o vento e puiden cinguir ben dous bordos.

Ía tentalo de novo, pero a sorte en forma de esposa paseando ó can apareceu pola praia xusto cando eu chegaba con ánimo de voltar a sair. Recollímos e marchamos, vendo como o vento baixaba inda máis, incrementando o risco de acabar en Catoira 🙂

Primeira navegada “de pelo seco”. Cero caidas. Agradécese sobre todo que a crema de sol non pique nos ollos.