Ou non. Nunca se sabe. Cunha ciruxia menor o dia seguinte, ou sexa hoxe, e o pelete que vai, parece que pecho chiringo ate o ano que ven, mentres cicatriza ben o cortecillo.
Dia perfecto nas cunchas. Moi anortado e dificil sair. Polo demais, cañón. 7.5, 111 e 40 de aleta. Marea baixa. Máxima onda de 40 centimetros. Unha gozada de plano de auga. Perfecto de vela e taboa. Duas horas a todo o que podia e para casa. Dia precioso.
Arquivos da etiqueta: Windsurf
Doblete en Rianxo
Sábado e domingo. As Cunchas
Domingo.
Cando tiñamos listo o mesmo material que o día anterior, vimos nos borregos do medio da ría subiu o vento claramente. Decidimos baixar litros e tensar velas.
92, 25, e 6,5 111, 40 e 7,5.
Bastante ben. So fumos pasados algún momentiño e costounos voltar á praia.
Creo que o vento estaba moi norte, xa que no lado de bamio soplaba ben, pero o irse achegando ás cunchas quedávamonos sen chicha. Había como 3 zonas, parada, media e potente.
Moi pouco chopy, creo que en gran parte pola marea baixa.
Pasados nas cunchas
Para variar. 6.5, 111,38 e 7.5, 144, 40. Cando o fillo parou eu fun xenial co seu.
O primeiro temporal
… ou polo menos, eso parecía. Aproveitando a “folga” de estudiantes o meu fillo acoplouse á saída e veu comigo ate Barraña. había ondas de 1 metro mínimo e soplaba como para escoller velas pequenas. Había 3 velas na práia, pero non chegamos a poder saudar, marcharan antes de chegar nos.
Comezamos por poñernos os neoprenos. Boa elección. En canto estabamos vestidos, caeu o único chaparrón da tarde.
Optamos por coller 5 e 5,7, pero Fran “Gregor” o fabricante de aletas pasou por alí e básicamente nos dixo se estabamos tolos. Convenceu ó adolescente para estrenar a vela máis pequena: 3,7, que inda non se mollara en augas galegas – que nos saibamos 😉 -.
Amedrentados polas advertencias de Fran, tensamos as velas como se nos fose nelo a vida. As táboas eran a JP Freestylewave de 92 con 23,5 de aleta e a lorch glider de 105 con 32. E así saímos, e nada de nada. Non andabamos nen de coña.
Puxémonos na praia a retrimar. Na 3,7 o adolescente tiña a botavara demasiado alta a pesares de estar o máis baixa que permitía a vela. Houbo que quitarlle moitísimo pe de mastil, bastante máis do indicado no rótulo ¿? para que quedase un pouco ó xeito, e soltar escota, claro. Na 5,0 foi suficiente con colocala no que pide de pe de mastil, coa tensión axeitada. Máis tarde xoguei algo coa tensión de escota para regular cando ía algo pasado, con un razoable éxito.
O fillo pasouno en grande. A vela ben trimada resultoulle moi manexable. Vino pasar un par de veces e ate tentar un 360, inda que botou de menos unha táboa máis pequena.
Eu bastante ben. Todabía non teño pillada a medida correcta das cinchas, que esta temporada percibo fundamental para seguir progresando. Se están moi floxas, o pe encaixaseme moitisimo e en canto vou rápido teño medo de lesionarme “por retorcemento” nunha caída, se están moi apretadas, non hai quen meta os pes nun tempo razoable.
Notei a enorme diferencia que hai entre a Glider e a Futura. Con esta última tería sido durisimo planear con tanto chopy, coa Glider so foi duro :-D. A táboa para min hoxe era a 92, pero todo se andará.
Deume un pouco a murga un muro que facía rebotar as ondas, co que viñan dos dous lados. Costoume o meu facer water naquel sitio.
Cando comezou a oscurecer, voltei ó punto de partida e a recoller. Ó rato voltou meu fillo, e despois de recoller, a anecdota do día. Hai que poñela en contexto: Todo o material estaba no remolque, e nos estabamos ó abrigo dunha casa, cambiandonos.
Nesto chega a Garda Civil.
Uff, o coche e o remolque están ocupando 4 prazas de aparcamento, estes vanme berrar,…
– Buenas tardes ! Me permiten inspeccionar el contenido de los capachos.
– Por suposto, (camisa a medio poñer, e toalla como únicas prendas) ¿Poden esperar un momentiño a que remate de vestirme?
– Si si, claro, es una situación incómoda…
Querían mirar si éramos furtivos. Despois de 2 minutos xa foron plénamente consciente de que viñeramos a “pillar unas olas”, pero había que cumplir, así que revisaron os capachos e o remolque.
Menos mal que meu fillo non fixo a broma que pensara, dicir en alto “Rápido !! esconde la María !! ” ja ja ja ja XD, creo que non lles ía facer gracia.
Un día completiño, unha boa navegada en Barraña, que inda non estrenáramos decentemente ate hoxe. Quédanos ir co marea baixa, que parece ser que é cando está mellor. Como queremos sabelo por experiencia própia, voltaremos por alí.
Perigos para a navegación.
Sesión bronca, con rotura de vela :,-(.
Petrus decidiu saír con 6,5, a vela que pensaba usar eu. Por non pelear co adolescente, alá foi.
A primeira na frente. Nada mais saír, atópase nun compromiso entre as rochas da marxe esquerda da praia e un letreiro que avisa das correntes da zona. Caelle a vela no letreiro e zaca ! un sete de proporcións considerabeis, que afecta ó paño central.
Disgusto, bronca, e toca sair con 7,5 e 5,7, sabendo que vou ir pasado como un burro. E así é. Non me quedan máis cáscaras que cinguir e cinguir. Vou con traballo ate tanxil buscando condicións mais apropiadas para a 111 + 38 de aleta, pero nada. So consigo un pouco de envexa dun veleiro escorado como se lle fose a vida no tema: eles poden meter un rizo e reducir a superficie vélica na auga, eu non. Moitas caidas, algún spinout por paos,…
Despois de moito pelexar, teño que voltar sin arnés, xa que case non aguanto cinguindo, moito menos ó largo. Teño o fillo tirado na praia, canso e enfadado coa 5,7.
Cólloa e vexo porqué. Mal posta a botavara, non era capaz de sacala da auga. A recoloco e probo un bo rato coa táboa de 92. Ben cando o vento sube. Inda que os 23,5 de aleta son demasiado pouco. Decido coller a 105 a ver se salvo a sesión.
Algo salvouse, inda que non moito. O bordo de ida a Cortegada foi aceptable, inda que notaba un pouco lenta a táboa, non sei se terá que ver con que a aleta non encaixa completamente e o talón queda un pouco fora. Ou sinxelamente é unha táboa mais lenta que a futura, ou estou habituado a levar aleta de mais. No bordo de volta non conseguín asentar a postura ó planeo. Cansancio, falta de adaptación á táboa,… En fin, algo é algo.