O meu barquiño na Pobra

Escribo esta entrada mentres a ría ferve de actividade nas praias que miran a norte. Seguro que hai mínimo cinco velas por lugar ;-).

Pero a min tocoume de mañán, soiño :,-( .

Comecei a mañán cunha inspección do remolque por parte da guardia civil. Comprobaron que estaba ben enganchado, que a matrícula coincidia e me desexaron sorte coa navegada.

As 10:30 soplaba pouquiño, polo que decidín voltar ó meu tablón de 144 litros, que está en forma de novo grazas a Fran. Aletón de 48 cm e 7,5 metros de vela. Un mes e medio despois de pasarme forzosamente a 111 litros con razoable éxito, apetecíame voltar a sosterme enriva da táboa con soltura e planear facil facil.

E así foi. Entre o mar planiño e o portaavións, beach start con toda facilidade inda que o vento vai un pouco xusto. Paso entre o catamarán e o barco coa sensación de que vou nun barquiño pequeno, non nuha táboa grande. ¿Como me atoparía agora nun de iniciación de 200 litros?.

Xa fora da influencia do espigón hai un pouco de chopy, que se leva sen problemas. Non me atopo cómodo coa vela, así que volto á praia a meterlle un puntiño máis de alargador, apretar os footstraps que recoloquei hoxe, e de paso acender o GPS que levo enriva de adorno. Reglaxe axeitada. Vou, veño, planeo ate que Eolo mete tamén un puntiño máis. Do planeo cómodo paso á incomodidade e o descontrol, só me vai ben na zona protexida. Así que toca facer cambios. Posiblemente o razoable nese momento era coller 6,5 e 111 litros con 38 de aleta, pero se o facía xa non me daba tempo a navegar máis. Optei por cambiar o máis facil: a aleta.

Con 38 cm de aleta a cousa volve a estar razoable, inda que as rachas cada vez mais frecuentes fan que por momentos vaia moi pasado, con un bonito spin-out moi cerquiña das bateas. Seguramente a aleta axeitada sería de 42 ou 44. No último bordo cara o muelle vou indo regular ate a zona abrigada, onde conseguín unha postura correcta, convinada con auga planiña e o vento axeitado, cómodo, rápido. Menuda gozada !! . Lástima que xa había que parar.

Recollo, cargo e tiro para casa, dando un pequeno rodeo para investigar se hai un sitio onde poida aparcar o remolque máis cerca da area e tamén ter unha idea máis clara da intensidade do vento.  Habelo haino, pero hai que montar na praia. Pódese pensar para máis adiante.

Un bo día 🙂

Cañita na Illa.

O luns fomos Petrus mais eu a Bamio buscando pouco chopy e condicións un pouco máis suaves que na Illa. Atopamos unhas condicións que nos superaban. A pesar de que a marea estaba subindo, o que compensaría a corrente do río, vía moito risco de acabar en Cortegada ou de darnos contra unha rocha. Xa iremos cando esté máis moderado.

Consultiña a google maps e decisión clara: a Illa. Cando chegaramos xa baixara, e a pesares deso, sacamos 4 mt para Petrus e 5 para min. 92 e 23. 111 e 34.  Petrus moi ben. Eu un desastre. Non conseguín planear.

A Illa. Fresquiña o 27 de Abril

Sabado na Illa. A primeira hora da tarde (15:45) nada de nada, miramos ó mar, pensamos en voltar a casa,… e decido montar 7,5 para que polo menos Petrus faga algo. Cando acabo empezamos a montar 6,5 para el, porque xa entrara con un pouco de xeito. Saímos cos clásicos 92, 23 de aleta e 111 38, .. co fillo que xa case non se vía puiden planear un par de veces ate que subiu moitisimo e acabei na praia, remontando andando. Facía tempo que non me pasaba. A Petrus costoulle un mundo levantar a vela e arrancar, pero cando o conseguiu chegou á praia a velocidades “supersónicas” , con medo de meter a proa nuha onda e pegarse un señor castañazo.
Baixamos a 5 m e 6,5. Nese momento entrou un pouco de chubia, con vento que debía rondar os 30 nudos. Estaba un compañeiro medindo, pero se me pasou preguntarlle. Despois voltou a baixar e saímos de novo.
A Petrus xa lle collera o frío e o pouco deixouno. Eu con 6,5 ía pasado, pero puiden sacar unhas planeadas xeitosas e un waterstart.

Auga bastante fría, despois da última na Illa que estiveramos pensando en coller o traxe de verán.

As Cunchas. Perdeume a cobiza.

Domingo 14/04/2013

Salí desde As Cunchas. (111, 38 aleta, 7,5) Primero pasado de vela. La escogí basandome en la experiencia del día anterior e ignorando lo que se veía en las Olas . Despues de bajar metros (6,5), corto de vela. No conseguí planear mas que una vez. Creo que también estaba yo con poca fuerza, aún no había recuperado del día anterior. Me dio la sensación de “mas chopy que viento”. Solcito al principio. Despues se cerró y tocaba recoger.

A ver si para la semana puedo “windsocializar” y recibir críticas constructivas, que me hacen falta para mejorar. Progreso lento como el caballo del malo