De mercores en mercores…

…E navego por que me toca.

20/03/2013

Cunha señora surada á vista, e esta vez comentando no foro que íamos saír, tocaba navegada familiar na Illa. Dado que a 144 está no dique seco, e as velas dispoñibles eran 5 e 6,5, alá saímos con 92 litros de JP FSW e 111 de STB Futura respectivamente. A pesar de ir en teoría bastante pasados de vela, non notamos moito problema por eso. Decir tamén que montamos coa supervisión de FranGregor, que nos mandou tensar “a morte” para afrontar as condicións. Petrus deuse unhas boa planeadas, e eu pelexei co waterstar, con pouco exito. Moitos “cases”. Esta vez non foi tan sinxela como a anterior a baixada de litros. E o feito de caer máis, e o mar duro botáronme un pouco para atrás e so conseguín un par de planeadas.

5-6 táboas por momentos, bo ambente.

Neve, windsurf e fumata branca.

Mercores 13 de Marzo de 2013.  13 03 2013

Dende logo, un día cheo de acontecementos e acontecementiños. Domesticos, deportivos, locais, meteorolóxicos, mundiais, de igrexa e fe.

Comezou cunha mini nevada de mañán, que deixóu os campos branquiños e non chegou a cuallar nas rúas. Por sorte tiña o coche co parabrisas resgardado, e non tocou rascar o xeo. De camiño ó traballo caeu máis neve. Sempre me sorprende ver nevar, a suabidade das folerpas e a intensidade do frío.

A pesares das precipitacións de mañanciña, a predicción de MeteoGalicia e Windfinder coincidían e eran claras. Pola tarde tocaba norte na Illa de Arousa, sen choiva nen neve ;-), non moito, pero si suficiente para tentar progresar e coa auga a 13 graos… Así que despois do curro como a toda prisa e arranco co meu remolque -que porco está por certo, a ver se o limpo algo-.

Ó atravesar a ponte o día está absolutamente espectacular. O solcillo das cinco da tarde reflictese nas ondiñas, enchendo de luz a paisaxe. Busco velas e cometas na auga, seguro de que alguén se vería tentado pola predicción. Ninguén. A verdade é que non comentei no foro o de sair, convencido de que o ventiño sería suficiente para garantir compaña. Lembro que teño a miña carteiriña de seguridade, co seu GPS e o teléfono, as condicións son boas… toca navegar só. O vento parece moi axeitado, cuns borregillos prometedores que non se aprecian na foto.

image

Forzosamente teño que coller 111 litros. É a primeira vez que a vou usar, e non teño nen idea de como responderei. Si sei seguro que Petrus a ten manexado con 7,5 metros de vela sen problemas. Pero a diferencia de peso é considerable. Móntolle a aleta de 38 de slalom, e despois de preparar todo o equipo, resgardome detrás do coche a poñer o neopreno. Cando quito a camisa… ¡ O sol quence !!. ¡ Pero si pola mañán nevaba 🙂 !!!.

Por suposto, cando chego a auga xa baixara a intensidade. En fin… toca flotar con 111 litros. Grazas ó plano que está o mar, desenvolvome bastante ben 🙂 inda que “faltame sitio para os pes”, choco coas cinchas. Por elemental prudencia, fago bordos cortiños, non vaia ser o demo. Comprobo que podo drizar sen problemas. Pero os cabos de arnés son demasiado cortos para o pouco vento que hai. O máis rápido e cambiar a botavara, e así o fago, dispoñendo nesta de cavos regulables. Xa podo engancharme e flotar con dignidade, inda que houbo que descansar un ratiño na praia. Como recompensa polos esforzos, Eolo regálame dous ou tres nudos extra. Non lle vou facer un feo, así que planeo cara o centro da ría dúas veces. A primeira cortandome un pouco e a segunda sen complexo nengún e disfrutando do control que da poñer os footstraps e corrixindo un derrape sen caerme. Por suposto caio na virada. Drizo rápido e regreso planeando ate que afloxa un pouquiño e caio de cu. Caer e levantarse, como a vida mesma. Engancho o último bordo e para casa, dando por rematado o día.

Pero o día non rematou. Unha vez avisado na casa que estou en terra, arranco para casa coa radio posta.

Fumata Branca.

Retransmitida en directo coa paixón dun partido de futbol, tívome pendente todo o camiño de volta, ate puxen a todo volume para poder escoitar mentres desenganchaba o remolque e recollía o material. A presentación, as aportacións dos presentadores e a xente, o papa dicindo que o foran buscar ó cu do mundo ;-).

O máis emotivo da tarde noite: a opinión dunha periodista arxentina, torpemente interrumpida polo sacerdote que participaba no programa. Expresando a súa alegría, comunicando o carisma do novo papa e a esperanza dunha mellora nesta Igrexa nosa, que ven de Deus, pero sofre os defectos dos homes.

Un día para lembrar e compartir.

Barraña e o GPS.

O 06/03/2013 achegueime a navegar a Barraña para aproveitar o surcillo que ía soplar sen prexuízos. A sesión foi moi bronca, non me adaptei ben as ondiñas caín moitas veces inda que conseguin sacar uns cantos bordos xeitosos.

O mais peculiar da xornada foron os resultados do GPS:

2013_03_06_GPSBoiro

Como evidentemente non superei nun 50 % o record do mundo de velocidade XD, XD, houbo que abrir unha investigación. O primeiro e chantar o ficheiriño de track no google Earht:2013_03_06_TrackBoiro

No debuxo vese claramente onde está o problema, unha ida e volta como un raio, saltando por riva da carretera…

Como non quería perder o rexistro, púxenme a investigar no log. Os rexistros  do track teñen un formato bastante lexible

<trkpt lat=”42.639079140″ lon=”-8.885932742″>
<ele>10.711792</ele>
<time>2013-03-06T16:21:42Z</time>
</trkpt>

Latitude, lonxitude, elevación e tempoUTC.

Dado que o “salto” supuxo unha modificación anómala da lonxitude, busquei os puntos cun cambio “grande”, situados ó leste da zona de navegación. Tiñan que ser máis pequenos, Buscar -8.87 funcionou e apareceron os dous puntos anómalos que me facían voar:
2013_03_06_Boiro_PuntosAnomalos

Tamén aparecen algo que parece unha “sección de track” pero non sei interpretalo nen tiña gañas de buscar. No sei se terá que ver. En todo caso, elimino os puntos, a sección tamén a quito para asegurar que o XML está ben formado, e o volvo a meter no google earth

 

2013_03_06_TrackBoiroCorrexido

Xa comeza a ter un aspecto mais normalizado.

Todo contento, meto o track en http://utrack.crempa.net para ver a velocidade máxima.

2013_03_06_BoiroPuntoMaximaVelocidad

O meu gozo nun pozo ;-( É completamente imposible que coa miña tecnica e preparación poida achegarme a un rexistro de 35 nudos. De feito creo que sería unha marca desexada polos mellores da ría. Dado que nesta ocasión o punto anómalo está entremezclado cos outros, non teño criterio para borralo.

Finalmente creo que vou dar por bos os 16 nudos que marca noutra parte do informe, por aquelo de ter algo 😉 estes si que coinciden coas miñas sensacións. Bueno, creo que se fosen 20 ou 22 tamén o vería plausible.

O informe, por se alguén quere velo:

2013_06_03_Boiro_Informe

 

Febreiro na Pobra.

O 27/02/2013 achegueime á Pobra a navegar, pero case non fixen nada ;-(

Acusei a estupidez da presa. Escollin mal día para probar outra táboa, montei mal a vela, tiña mal colocados os cabos de arnes -aestas alturas-. En fin, cando conseguín que estivese todo no seu sitio, xa era hora de recollerse. Puiden planear un pouquiño, pero sen footstraps.

O colmo foi cando carguei o track do Garmin e resulta que non tiña nada. Nas últimas fedelladas o deixara desactivado.

A ver a próxima 😉

Navegando en Xaneiro.

 O 28 de Xaneiro  había unha señora predicción, e decidimos desafiar ó frio e a pouca luz e achegarnos á Illa de Arousa. 

 Chegamos a iso das 16:15 e montamos o máis pequeno que tiñamos: 5m para 54 kg e 6,5 para 84 kg

 Petrus tentou saír coa táboa de 92 litros, pero estaba demasiado forte para os 5m. Cando ía tentalo eu con 111 e 5m baixou un pouco e decidiu roubarme o material. Con esta combinación puido saír e darse uns bos bordos.

 Xa que logo, tocoume ir a auga con 144 litros + 38 de aleta e 6,5 metros de Severne Gator. Menos mal que Eolo estaba algo máis perezoso… Puinden ir e vir unhas cuantas veces, inda que se me fixo duro tanta insistencia da táboa en despegar. Eso si, saía ó planeo no primeiro segundo que o tentaba.

 Ás 18:10 estabamos xa soiños na auga, así que fun a por Petrus e nos recollimos antes de quedar sen luz.

 ¡ Un bo día !!